Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.080 novas:

27/06/2024 | 15:36 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde defende a eficiencia da organización para garantir a mellor atención de urxencias aos veciños do Morrazo

O xerente do Servizo Galego de Saúde explica no Parlamento que se garante unha asistencia sanitaria de calidade segundo criterios obxectivos baseados na evidencia científica

27/06/2024 | 15:36 | C. de Sanidade

A plataforma de teleasistencia do Sergas “Telea” monitoriza os tratamentos antiacoagulantes de máis de 500 pacientes galegos

A Consellería de Sanidade facilitou un total de 580 coagulómetros para que os pacientes poidan controlar os niveis de coagulación desde os seus fogares, evitando así desprazamentos innecesarios aos centros de saúde

27/06/2024 | 15:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a importancia do sector forestal galego a nivel nacional e internacional na VII feira Galiforest Abanca

A conselleira participou esta mañá na inauguración deste evento, que está consolidado como o maior certame forestal do país

27/06/2024 | 14:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Un estudo de contabilidade social estima en 23,6 millóns de euros o beneficio anual que a Cidade da Cultura xera á sociedade

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanza que, segundo o informe, por cada euro de investimento público o Gaiás xera 2,04 euros

27/06/2024 | 14:34 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia vai ser a primeira rexión de Europa en contar cunha lei propia sobre o uso da intelixencia artificial

Salienta a importancia que a intelixencia artificial ten en moitos ámbitos do día a día, mellorando a vida das persoas

27/06/2024 | 14:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 80 aulas de tecnoloxía aplicada, cun investimento de 4,4 M€

A partir de setembro sumaranse 38 novas aulas, cunha achega de 55.000€ para cada unha delas

27/06/2024 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en tres tramos de canles fluviais no concello de Carballo

As tarefas, que se centran en arredor de 3,7 quilómetros, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos

27/06/2024 | 13:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros anima aos emprendedores de Ferrolterra a solicitar o bono autónomo antes do 30 de setembro

A intensidade destas axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración son do 60% do investimento, cun importe máximo de 7.000 euros