Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

19/01/2023 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora co Principado no desenvolvemento da Estratexia asturiana de acción polo clima

Sagrario Pérez lembra que o Goberno galego ten o compromiso de remitir o proxecto da futura Lei do clima de Galicia ao Parlamento este mesmo ano

19/01/2023 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación do Patrimonio Cultural galego coinciden na importancia da lei de ordenación do litoral para poñer en valor construcións costeiras

Ángeles Vázquez salienta que a futura norma ten en conta tamén a relevancia das edificacións tradicionais como parte da identidade e da historia da costa galega

19/01/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede 180 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos, cun investimento de 904.000 €

Nesta convocatoria, as axudas ao sector do taxis facilitaron a compra de 27 vehículos adaptados; de 142 taxis de baixas emisións; e de 11 vehículos de emisións cero

18/01/2023 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Federación Galega da Construción colaboran nunha base oficial de prezos de referencia que permitirá que os proxectos de obras públicas se adecúen ao mercado en cada momento

Incluirá as obras de edificación e de urbanización e as actuacións en infraestruturas viarias, actualizándose cada 6 meses para que os novos proxectos se axusten aos prezos do mercado

16/01/2023 | 12:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 31.000 euros a acondicionar a pasarela do río Mera, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego colabora coa comunidade de montes de San Miguel de Orbazai “para poñer en valor unha zona de alto valor natural e paisaxístico”

16/01/2023 | 11:15 | C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural
15/01/2023 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama e Lipor analizan a posibilidade de presentar candidaturas conxuntas en materia de xestión de residuos ao programa POCTEP 2021-2027

Os posibles proxectos estarían orientados, de forma prioritaria, a incrementar a reciclaxe e a descarbonizar os procesos industriais de ambas as dúas entidades

14/01/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego e por vento nas costas da Coruña e de Lugo

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros, e vento do oeste e suroeste que poderá acadar forza 9 ao norte de Fisterra

14/01/2023 | 12:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
14/01/2023 | 10:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña que o anteproxecto de lei estatal para reforzar a seguridade xurídica no urbanismo asume as demandas do manifesto liderado por Galicia

Valora a oportunidade desta iniciativa lexislativa xa que a anulación dos plans xerais se converteu nun problema estrutural que afecta a todas as comunidades e urxe á súa aprobación canto antes para ofrecer unha solución eficaz á situación actual