Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

04/07/2023 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina a acta de recepción da obra de renovación das beirarrúas do tramo urbano da PO-226 en Moraña, que supuxo un investimento de 387.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, foi recibido no consistorio polo alcalde, Sito Gómez, e por membros do goberno local e despois asistiu á sinatura da acta de recepción desta actuación

04/07/2023 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez lamenta que o Comisionado do Corredor Atlántico non inclúa á Xunta na Axenda de traballo e cancele o encontro do mércores cos empresarios

Vázquez Mourelle considera un erro que o Comisionado non escoite ao Goberno galego, que vén traballando de xeito intenso e leal a prol do Corredor Atlántico, coa identificación das actuacións e investimentos necesarios, que suman 8.000 millóns de euros

04/07/2023 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta poñerá en marcha este mes de xullo o novo Hospital Público da Coruña, licitando as primeiras obras por máis de 63 M€

Vázquez Mourelle salienta que en poucos días se licitará a Torre Polivalente, que superará os 37 M€ de investimento; os accesos, con concurso de proxecto e obra por 25 M €; e a demolición do Hotel do Doente, con máis de 1 M€ de orzamento

03/07/2023 | 16:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A continuidade das obras de urbanización do Hospital de Ferrol fai necesario restrinxir o aparcamento na rúa Irmandade de Doadores de Sangue desde mañá

Esta segunda fase das obras para a nova configuración desta rúa completará ás xa executadas no verán do 2022, rematadas antes do inicio do pasado curso escolar

03/07/2023 | 14:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda resalta a unidade do sector da construción de Galicia que a Xunta incentivará nos vindeiros meses con contratos de obra pública por máis de 130 M€

Subliña a importancia “para a economía e o tecido produtivo galego” deste sector co que é fundamental colaborar para “seguir construíndo Galicia a través da obra pública”

03/07/2023 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda a Seaga das obras de ampliación da rede de saneamento de Begonte, que suporán un investimento de case 230.000 €

Dotarase de saneamento o Camiño de Saavedra, que atravesa o lugar do Marco, na parroquia de Carral, unha zona maiormente residencial na que abundan as construcións auxiliares destinadas a usos agrícolas e vinculadas ás vivendas

02/07/2023 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-549 ao paso polo Concello de Noia

Continuarán os traballos en execución na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1) e na estrada OU-801, que comunica os municipios ourensáns de Padrenda e Ribadavia

01/07/2023 | 10:49 | C. do Medio Rural

A Xunta constata os avances nas obras do Centro Integral de loita contra o lume de Toén e resalta a funcionalidade das pistas de adestramento que xa están operativas

O Centro prevé acoller bombeiros de toda Europa e será unha referencia na formación de cara á extinción dos incendios forestais