Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

04/09/2023 | 11:15 | C. de Sanidade

A Unidade de Radiofármacos da Sanidade Pública Galega proba con éxito a súa máxima seguridade nun simulacro de incendio

Este exame avala a máis alta garantía de calidade da unidade de radiofarmacia, renovada recentemente pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios

04/09/2023 | 10:21 | C. de Sanidade

O 061 de galicia asistiu 74 persoas por 53 accidentes de tráfico durante a fin de semana da operación retorno do verán

Desde as 15,00 horas do venres, 1 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 3 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico

01/09/2023 | 14:10 | C. de Sanidade

A Xunta inviste preto de 2,5 M€ para a automatización dos servizos de farmacia hospitalarios

O Sergas saca a licitación a compra de equipamento de farmacia para estender o Programa de Atención Farmacéutica nas Residencias Sociosanitarias de Galicia e para a automatización das plantas de hospitalización do Hospital de Conxo
 

01/09/2023 | 13:54 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar nesta fin de semana de setembro

As dez unidades móbiles de ADOS estarán, nesta semana, en máis de 40 concellos co fin de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos hospitais da nosa Comunidade

31/08/2023 | 15:19 | C. de Sanidade

A Escola Galega de Saúde Pública da Consellería de Sanidade celebrou en Pontevedra a I Xornada Galega de Xestión Integral do Mosquito Tigre

O edificio administrativo da delegación territorial da Xunta en Campolongo acolleu este evento, que inaugurou a xefa territorial de Sanidade de Pontevedra, Natalia Botana Rey, acompañada pola subdirectora xeral de programas de control de riscos ambientais para a saúde da Dirección Xeral de Saúde Pública, Ines Mato Naveira

31/08/2023 | 13:35 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Cospeito investirán máis de 70.000 euros en obras de reforma do centro de saúde

O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron o convenio de colaboración que permitirá executar as obras de reforma e o financiamento entre ambas administracións

30/08/2023 | 13:35 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 150.000 euros na instalación do equipo de radioloxía no centro de saúde de Ortigueira

O Sergas realizará un investimento da mesma cantidade na creación da sala de raios X dixitais no centro de saúde de Pontedeume

29/08/2023 | 13:59 | C. de Sanidade

A dixitalización de anatomía patolóxica da Xunta de Galicia permitirá diagnósticos con maior axilidade e un salto cualitativo na medicina personalizada

O Consello da Xunta autorizou novas adquisicións tecnolóxicas por 5,7 millóns de euros para culminar o proceso de transformación dixital dos servizos de Anatomía Patolóxica do Sergas, no que se invisten un total de 10,3 millóns de euros

28/08/2023 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria en setembro e novembro dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras dos accesos do novo Hospital Público da Coruña

O levantamento de actas previas á ocupación será o 12 de setembro, de 10:30 a 11:30 horas, no edificio administrativo da Xunta na Coruña; e a formalización será o 15 de novembro no mesmo horario e lugar