Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

26/01/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaborarán para facer máis accesibles os espazos naturais da comunidade

A FAPXG ofrecerá un servizo de intérpretes de lingua de signos e de guías-intérpretes en eventos, actos e percorridos para dar a coñecer estas zonas

26/01/2023 | 14:57 | A Presidencia da Xunta

A Xunta declara Betanzos como área Rexurbe para contribuír a dinamizar e revitalizar o seu conxunto histórico-artístico

O presidente Alfonso Rueda salienta que as actuacións que se levarán a cabo servirán para mellorar a vida social e económica da veciñanza

26/01/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove o compromiso social das pemes co programa ‘Responsabilízate’, no que participan oito firmas lucenses

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacaron a aposta de negocios como Ramil Incubación Avícola por adoptar medidas de sostibilidade ambiental e de mellora da contorna laboral

25/01/2023 | 13:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta renova a súa colaboración coa coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños co fin de garantir a atención aos animais que varen na costa galega

Entre as accións a desenvolver ao longo deste ano figuran a detección de animais que chegan con dificultades ao litoral, a prestación dos primeiros auxilios e dos coidados posteriores e, se procede, a identificación da causa da súa morte

24/01/2023 | 12:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Arnoia destinan preto de 330.000 euros á urbanización do parque público en Outeiro Cruz

Ángeles Vázquez subliña que o Goberno galego financiou o 70% da actuación mentres que o Concello achegou o 30% restante

23/01/2023 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede axudas por 21,57 M€ para mellorar a eficiencia enerxética en máis de 2.500 vivendas galegas

Ángeles Vázquez subliña que a primeira convocatoria do programa de actuacións de rehabilitación a nivel de edificio se saldou con 251 subvencións outorgadas na Comunidade e avanza que este ano se publicará unha nova convocatoria
 

22/01/2023 | 10:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Vilasantar analizan o proxecto para humanizar a estrada AC-194, no lugar de Rú, cun orzamento estimado de preto de 170.000 €

A obra podería acometerse ao abeiro do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

21/01/2023 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta chama á cidadanía a participar nunha nova edición da campaña ‘1m2’ para loitar contra a acumulación de residuos en espazos naturais

Os interesados xa poden inscribirse nesta nova acción de voluntariado ambiental, enmarcada no proxecto Libera e que se desenvolverá entre o 11 e o 19 de marzo
 

21/01/2023 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora unha nova estación de control da calidade do aire en Mugardos

A nova instalación forma parte da Rede de Calidade do Aire de Galicia e está localizada ao suroeste de Reganosa
 

20/01/2023 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o extraordinario valor ambiental, cultural, científico e paisaxístico dos 8 monumentos naturais de Galicia en Fitur

Son a Costa de Dexo, a Praia das Catedrais, o Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, os Soutos da Retorta e de Rozabales, a Carballa da Rocha, a Serra de Pena Corneira e a Fraga de Catasós