Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

08/07/2023 | 12:06 | C. de Sanidade

A Xunta licita o proxecto da obra de integración do PAC no centro de saúde de Outeiro de Rei

A obra permitirá que o Punto de Atención Continuada abandone a súa localización actual e se integre co centro de saúde a través dunha ampliación de 557 m2

08/07/2023 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica a reforma da entrada do centro de saúde de Toén para facilitar o acceso das ambulancias

O Goberno galego adxudicou a obra por un importe total de 75.191,01 euros

07/07/2023 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55, cun grao de execución que acada o 82 %

Os traballos de movemento de terras xa roldan o 89 % da execución total e a construción das estruturas aproxímase ao 95 %

07/07/2023 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dá luz verde aos dous últimos informes para a aprobación do PXOM de Vigo coa condición de que se subsanen os erros do documento urbanístico

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, anunciou o envío dos informes favorables condicionados de Patrimonio Cultural e Infraestruturas

06/07/2023 | 19:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Mañá iniciaranse as obras de renovación do firme na calzada esquerda da autovía AG-56, en sentido Santiago

As intervencións nesta calzada levaranse a cabo en días laborables, desde mañá venres ata o xoves 13 de xullo, en horario de 08,30 a 20,30 horas

06/07/2023 | 13:56 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a construción do novo centro de saúde de Moaña, cun investimento de 8,3 millóns de euros

A obra iníciase menos dun ano despois da cesión efectiva da parcela por parte do Concello de Moaña e contará cun prazo de execución de 15 meses

06/07/2023 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1,8 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas das comarcas do Salnés e de Pontevedra

Estas intervencións iniciaranse a finais de xullo ou principios de agosto e terán un prazo de execución de 9 meses

05/07/2023 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para xullo e setembro os propietarios dos terreos necesarios para executar as novas sendas peonís de Mabegondo e de Montouto, no concello de Abegondo

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia o levantamento de actas previas terá lugar o 18 de xullo e a formalización das actas de ocupación o 27 de setembro

05/07/2023 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Vimianzo de 12 treitos antigos das estradas autonómicas AC-432, AC-441 e AC-552

A transferencia enmárcase no acordo coa entidade local, tras o remate das obras de reforzo de firme en 2 tramos antigos da AC-432, cun investimento autonómico de case 46.000 €, completadas con outras intervencións de mellora

04/07/2023 | 14:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Marín avanzan na próxima apertura do novo centro de día público autonómico

O obxectivo é que este servizo para a atención e coidado das persoas maiores entre en funcionamento despois do verán con 20 prazas dispoñibles