Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

01/02/2023 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia avanza na loita contra o cambio climático con 41 entidades adheridas xa á Alianza polo Clima e como membro activo da misión de adaptación da UE

Ángeles Vázquez salienta que o apoio desta empresa de alimentación suporá un pulo moi importante para situar á Comunidade na vangarda fronte ao quecemento global

Lembra que Galicia foi seleccionada pola Comisión Europea para participar nesta iniciativa o pasado mes de setembro, o que supón unha extraordinaria oportunidade para compartir experiencias e aproveitar sinerxías xunto con outras rexións
 

31/01/2023 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera o seu ofrecemento ao Concello de Ourense para instalar gaiolas trampa nas zonas periurbanas máis frecuentadas polos xabarís

Belén do Campo traslada á asociación que o Goberno local debería sumarse ao protocolo impulsado pola Consellería para poñer á disposición dos municipios este tipo de dispositivos como medida alternativa e complementaria ás accións de caza
 

31/01/2023 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa melloras ambientais e nas infraestruturas municipais de Sober con achegas que suman máis de 76.000€

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou a localidade para coñecer as accións realizadas nos últimos anos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas de uso público

31/01/2023 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a contribución do Leader á dinamización do rural galego e á creación de riqueza e emprego

José González lembrou que hoxe, precisamente, remata o prazo de presentación de solicitudes na última convocatoria desta medida, cun orzamento conxunto de 15,3 millóns de euros para as anualidades de 2023 e 2024

30/01/2023 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama mantén o canon de 2022 e aplica unha bonificación do 15% aos concellos que leven a cabo unha xestión máis sostible dos seus residuos

A bonificación aplicarase a aqueles municipios que promovan a redución da produción de lixo e/ou incrementen a reciclaxe dos envases lixeiros; trasladen esa rebaixa aos recibos dos veciños, e implanten a recollida separada da materia orgánica a través do quinto contedor antes do próximo 31 de decembro

30/01/2023 | 13:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta culmina a execución do Pacto pola paisaxe Ribeira Sacra co acondicionamento do Miradoiro do Alto da Picota, nos Peares

Este novo miradoiro ofrece unha vista única e privilexiada dos elementos arquitectónicos e naturais da contorna

29/01/2023 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A recollida de pneumáticos en Galicia rexistra a súa cifra máis alta con 22.367 toneladas retiradas en 2021

O 67,16% foron enviados a reciclaxe e valorización material, co que a Comunidade supera o obxectivo estatal de destinar, como mínimo, o 45% destes residuos á fabricación de produtos para distintos usos

28/01/2023 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a inclusión de 400 espazos naturais no inventario de zonas húmidas de Galicia

Ángeles Vázquez explica que neste rexistro se recollerá información sobre a localización, superficie e estado destas zonas, datos que axudarán na súa xestión

27/01/2023 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas participa no ‘Proxecto conecte’ do CSIC para avaliar e reforzar o estado de conservación das raias

O obxectivo desta iniciativa é estudar os patróns de movemento e comportamento que determinan a conectividade das subpoboacións desta especie en resposta ás presións ambientais na contorna deste espazo protexido