Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

07/02/2023 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia acolle 11 exemplares de oso pardo segundo o censo de poboación desta especie realizado na cordilleira Cantábrica

Belén do Campo explica que os exemplares se localizaron nas contornas dos Ancares e do Courel

07/02/2023 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Fernández-Tapias destaca o récord histórico de afluencia ás Cíes tras lograr desestacionalizar o turismo grazas ao Plan Reitor do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A delegada territorial da Xunta en Vigo presenta o balance da afluencia ao arquipélago vigués con 329.623 personas en 2022

06/02/2023 | 15:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na plantación dunha hectárea de árbores autóctonas no marco da campaña Camiño da reciclaxe

O proxecto, que ten como obxectivo concienciar aos peregrinos da importancia de manter o Camiño de Santiago limpo e fomentar a reciclaxe, permitiu plantar un total de 625 carballos, bidueiros e cerdeiras

06/02/2023 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima aos alcaldes a solicitar as axudas do Fondo de Compensación Ambiental destinadas á mellora do medio natural

A través desta orde o Goberno galego destinou máis de 600.000€, o ano pasado, a 13 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte, para apoiar accións das administracións locais a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética

06/02/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora a boa evolución das obras de recuperación das marxes do río Ulla con máis do 60% da superficie xa mellorada

Ángeles Vázquez explica que se está a restaurar a vexetación de ribeira coa retirada de especies exóticas invasoras en 11 tramos do curso fluvial

05/02/2023 | 14:51 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o proxecto Biomais CO2 centrado na redución das emisións de carbono na industria forestal

O proxecto nace da colaboración da empresa Enxeñería Forestal Asefor, a Universidade de Santiago de Compostela, a asociación Bioeco2 e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, que conforman o grupo operativo que recibiu algo máis de 135 mil euros de achega
 

04/02/2023 | 11:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que o ano pasado se reduciu un 1,35 % a cantidade de residuos recibida na planta de Sogama

A diminución detectouse nas catro provincias, sendo Ourense a que experimentou un maior descenso, cun 2,72 % menos de lixo enviado ás instalacións de Cerceda

02/02/2023 | 19:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A directora xeral de Innovación Educativa destaca o módulo bioclimático do IES As Lagoas como unha iniciativa pioneira en Galicia

O proxecto promove a transmisión de valores para un futuro máis respectuoso co medio ambiente

02/02/2023 | 16:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Goberno galego está a analizar as 84 alegacións á Lei de ordenación do litoral para enriquecer o documento e avanza nos trámites co fin de aprobar o proxecto esta primavera

Rueda destaca o consenso xeral de que “é necesario” dotar a Galicia dunha normativa “adaptada á realidade do territorio”

01/02/2023 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora e protección do espazo dunar da praia de Barbafeita na Illa de Arousa cunha achega de 30.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe o espazo natural para coñecer as actuacións realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental