Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

14/07/2023 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rematadas as obras de estendido do firme na autovía Santiago-Brión, a AG-56

A próxima semana procederase á execución das xuntas dos viadutos e á pintura, intervencións que só precisarán de cortes de tráfico nun dos carrís

14/07/2023 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza probas piloto con drons e intelixencia artificial para detectar con maior precisión os danos nos pavimentos das estradas autonómicas

Trátase dun sistema para a auscultación dos firmes das estradas a través das imaxes tomadas cun dron, que son procesadas con intelixencia artificial e permiten a xeración inmediata de informes sobre o estado de conservación da vía

14/07/2023 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a concesión de 118 novas axudas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada por máis de 2,9 M€

O DOG tamén recolle o outorgamento de 3 axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, cun investimento de 120.000 €

13/07/2023 | 19:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará no outono as obras para reducir o risco de inundación dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar, ás que destinará un investimento de 2,6 M€

Teresa Gutiérrez lémbralle ao alcalde que o proxecto aprobado, ao que o Concello lle deu o seu visto bo, recollía un plan de desvío do tráfico para a execución dos traballos que agora a administración local rexeita

13/07/2023 | 19:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a traballar para poder rematar este ano a reconstrución da ponte de Ponte Arnelas

Francisco Menéndez sinala que se está a avanzar nos traballos previos para demoler o taboleiro da ponte na segunda semana de agosto e poder comezar a execución da nova ponte, que en gran parte se fabricará en taller, ao ser unha estrutura metálica

13/07/2023 | 19:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán nas obras de acondicionamento da praza Eladio Rodríguez

Os traballos, cun importe total previsto de máis de 122.000 euros, consistirán na renovación de mobiliario e xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda

13/07/2023 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra

Augas de Galicia vén de entregarlle ao Concello estas infraestruturas hidráulicas, que supuxeron un investimento autonómico de 48.000 €

12/07/2023 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade peonil na estrada autonómica LU-617 na contorna do cemiterio de Monforte de Lemos

Actuouse nun treito recto, con beirarrúas no seu inicio e no seu final, co obxectivo de mellorar a seguridade da estrada mediante a separación física do tráfico de vehículos e de peóns, dándolle continuidade ao itinerario peonil existente

12/07/2023 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada AC-400 en Sigrás, no concello de Cambre

A actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 3 estradas autonómicas da área da Coruña, cun investimento de máis de 2,6 millóns de euros

12/07/2023 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar as obras do novo colector xeral de Burela, que suporán un investimento de 4,7 M€

Algunhas das ofertas presentadas para acometer estas obras de mellora do sistema de saneamento municipal están conformadas por UTE, sumando un total de 18 empresas