Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

17/03/2023 | 12:45 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en valor este domingo na feira Prowein de Alemaña o bo facer das 67 empresas galegas que promocionan os seus viños

O conselleiro do Medio Rural e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria achegaranse a esta feira para apoiar coa súa presenza as adegas galegas participantes

17/03/2023 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta nomea as presidencias e vicepresidencias de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se nomean as persoas que ostentarán estes cargos tras as eleccións convocadas o pasado 10 de novembro de 2022

16/03/2023 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 45.000 euros en actuacións de protección e defensa dos montes contra os incendios forestais en Cariño e Ortigueira

As actuacións de prevención lévanse a cabo nos montes Faro, Herbeira e Miranda, no Concello de Cariño; e dos montes Pigueiro, Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, no concello de Ortigueira
 

13/03/2023 | 12:49 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé investir case 3 M€ para reorganizar preto de 1.000 hectáreas a través das dúas novas concentracións parcelarias decretadas en Castroverde e Becerreá

O proceso de Riomol, en Castroverde, prevé reestruturar 494 hectáreas de superficie divididas en 1.192 parcelas, propiedade de 143 veciños
 

12/03/2023 | 13:13 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o medio cento de empresas adheridas ao selo Artesanía Alimentaria no Merca Delicadeza que se clausura hoxe en Lalín

José González valorou a oferta deste mercado no que están presentes unha trintena de artesáns, mostrando os seus aceites, lácteos, conservas, embutidos, patés, tés, especias, marmeladas, repostería, xeados, sidra, cervexas ou mel

12/03/2023 | 12:31 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o sector lácteo galego na poxa de gando frisón celebrada hoxe no Concello de Ordes, con motivo da Festa do lacón con grelos do Mesón do Vento

A Consellería do Medio Rural sacará este ano unha nova convocatoria de axudas para a realización de certames de gando bovino selecto, dotada con 200.000 euros

12/03/2023 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a consulta pública de cara á implementación de dúas novas zonas de concentración parcelaria no concello do Pino

Esta actuación supón o inicio da tramitación para a avaliación previa das zonas de Arca II e de Montes de San Miguel de Pereira, con 837 hectáreas e 349 ha respectivamente

11/03/2023 | 10:08 | C. do Medio Rural

A Xunta recibe un total de 55 candidaturas á XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural

Estes galardóns, que convoca a Consellería do Medio Rural, están dotados con ata 80.000 euros a repartir entre oito categorías