Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

15/02/2023 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o Souto de Rozabales como unha mostra exemplar de bosques de castiñeiros centenarios

En vésperas de que cumpra 23 anos da súa declaración como monumento natural, Belén do Campo avanza que a Xunta renovará a sinalización nesta zona, realizará labores de roza e de tratamento fitosanitario no arborado e manterá o mobiliario
 

15/02/2023 | 13:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia implanta un proxecto pioneiro que aplica a tecnoloxía máis innovadora para mellorar e optimizar a recollida e selección de residuos

A información recollida facilitará optimizar procesos como a adecuación da frecuencia de recollida, as rutas que ten que realizar cada camión ou os lugares nos que fan falta máis ou menos contedores

14/02/2023 | 16:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Plan Reitor do Parque Natural Fragas do Eume supera o último trámite antes da súa aprobación definitiva nas vindeiras semanas

Ángeles Vázquez salienta que, coa aprobación deste plan, acadarase o obxectivo de que todos os parques naturais da Comunidade conten cun documento propio de xestión e protección

10/02/2023 | 13:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza polo Clima promovida pola Xunta suma o apoio do Clúster Alimentario de Galicia

Ángeles Vázquez incide en que o apoio de Clusaga suporá un avance moi importante para poñer a Galicia na vangarda fronte ao quecemento global e as súas consecuencias

10/02/2023 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 345.000 € a renovación e mellora do abastecemento e do saneamento no núcleo do Navallo, en Riós

Trátase de dotar a parroquia de San Vicente do Navallo duns servizos de saneamento e abastecemento que respondan ás necesidades dos veciños

09/02/2023 | 16:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A decisión do Supremo sobre ENCE dálle a razón á Xunta e descarta que o Regulamento de costas poida negarlle a prórroga a concesións anteriores a 1988

Asegura que avala a tese defendida sempre polo Goberno galego de que “é posible” o equibrio entre a preservación do medio ambiente e manter actividades “claves” para a economía galega

09/02/2023 | 14:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia propón un total de 117 areais para optar á Bandeira Azul 2023

É a terceira comunidade autónoma que máis candidaturas presentou: 38 da Coruña, 19 de Lugo e 60 de Pontevedra, localizadas en 34 concellos

09/02/2023 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia comeza o ano cun xaneiro moi húmido no que se rexistrou un 92% máis de chuvia do habitual

O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia sinala que a precipitación media acumulada foi de 290 l/m2, sendo o precedente máis próximo o do ano 2016

08/02/2023 | 14:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta solicita que o Goberno central rectifique a decisión de excluír a Galicia do reparto de fondos para o lobo

Belén do Campo lamenta que continúe o bloqueo desa transferencia, que cualifica como “unha decisión unilateral e sen fundamento legal que a xustifique”

08/02/2023 | 14:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera o seu compromiso cun desenvolvemento sostible para avanzar cara á economía circular

Ángeles Vázquez pon como exemplo dese desenvolvemento respectuoso co medio o proxecto de granxa de cría de larvas de mosca soldado negra que a empresa Bioflytech prevé instalar na localidade