Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma o seu compromiso co rural a través da mellora das súas infraestructuras que facilitan a vida dos habitantes do agro
O conselleiro do Medio Rural visitou as obras de rehabilitación da ponte do Río Cabalar, que favorecen o tránsito entre dúas aldeas do concello coruñés de Vilasantar
A Xunta encomenda a Seaga as obras de mellora do saneamento e abastecemento de Laza, que se iniciarán en agosto cun investimento de máis de 167.000 euros
Vázquez Mourelle salienta que o obxectivo é dotar aos veciños de Laza de servizos municipais da auga máis eficientes, coa mellora e renovación da rede de abastecemento e coa dotación de rede de saneamento separativa na rúa Barrio
A Xunta adxudica por máis de 3,5 M€ as obras para a execución do treito do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense, desde Os Remedios ata Expourense
A previsión é iniciar a obra no paseo do Barbaña no último trimestre deste ano, co obxectivo de rematala a finais de 2024
A Xunta licita por 1,4 M€ a obra de demolición do Hotel de Doentes, necesaria para executar o novo anel perimetral que bordeará o Hospital Público da Coruña
Este novo contrato, cun prazo de execución de 7 meses, ten como obxectivo o derribo do actual edificio que ten 7.691 m2 divididos en 10 andares
A Xunta habilita unha liña de autobús para facilitar o acceso ao Atlantic Fest os vindeiros 21, 22 e 23 de xullo
Prestará servizo desde a estación de Vilagarcía de Arousa ata a zona de acampada do evento, no lugar do Campanario
A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo, que suporán un investimento de 4,1 M€
Trátase de actuar nos 1,56 km da PO-323, desde o límite do termo municipal de Vigo co de Redondela ata o IES de Teis, completando a remodelación deste eixe vertebrador coas obras en execución da 1ª fase entre a avenida da Mariña Española ao instituto
A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas da provincia de Ourense ao seu paso por 17 concellos
Actuarase nunha lonxitude de máis de 120 km de vías autonómicas con actuacións puntuais nas estradas OU-193 e OU-801 en Cortegada, na OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo e demais concellos da traza, na OU-412 e na OU-101
A Xunta destaca a licitación este mes das 3 primeiras obras do novo hospital público da Coruña por máis de 60 M€ e a previsión de xerar máis de 900 empregos
O Goberno galego licita hoxe o contrato de redacción do proxecto construtivo e execución das obras dos accesos do ‘Novo CHUAC’, con 24,8 M€ de investimento e un prazo ata o 8 de setembro para a presentación de ofertas
A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada autonómica LU-121 entre Abadín e Cospeito
Os traballos, que se inician nesta vía autonómica, desenvolverase desde o quilómetro 0 ao 3+700, no seu percorrido polos municipios de Vilalba, Cospeito e Abadín