Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

24/01/2023 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de ASEM Galicia en favor das persoas con doenzas neuromusculares

O Goberno galego financia o programa de promoción da autonomía persoal que ten en marcha esta asociación viguesa

23/01/2023 | 18:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa a continuidade formativa da poboación xitana a través do programa ‘Promociona’

O Goberno galego achega 133.000 euros a esta iniciativa, que atende a máis de 300 rapaces e rapazas

23/01/2023 | 16:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ampliará en 5.000 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar que financia á Mancomunidade do Ribeiro

O obxectivo é que o ente supramunicipal poida continuar atendendo a aquelas persoas que se encontraban á espera do servizo

23/01/2023 | 14:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece 1150 novas consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria en Deza e Tabeirós coa segunda quenda do programa 'Coidados Porta a Porta'

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou da nova ruta itinerante deste servizo sociosanitario de proximidade para os oito concellos das bisbarras na estrea da unidade móbil en Rodeiro, onde permanecerá ata o mércores

23/01/2023 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 655.000 € a Aspadisi para a construción dunha nova residencia de atención á discapacidade

Esta asociación é unha das dez entidades de Galicia beneficiarias da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros

20/01/2023 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de Boimorto

A unidade móbil permanecerá ata mañá nas inmediacións do centro de saúde da localidade boimortesa

20/01/2023 | 11:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 184.000 euros ao Concello de Rois para a creación dun Punto de Atención á Infancia de 20 prazas

Finánciase mediante a orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e que creará máis de 450 novas prazas

19/01/2023 | 15:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta formaliza o convenio co Concello de Foz que amplía por catro anos máis a cesión do edificio da residencia municipal de maiores

O acordo ten vixencia desde que expirou o anterior convenio e garante a continuidade do servizo tal e como viña funcionamento desde a súa posta en marcha por parte do Concello

19/01/2023 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha unha orde de axudas a concellos que apoiaran no 2022 a familias ucraínas

O Diario Oficial de Galicia publica esta liña de subvencións que conta cun orzamento de máis de 780.000 euros