Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

25/09/2023 | 13:01 | C. de Sanidade

Galicia comeza a inmunizar aos bebés contra o virus respiratorio sincitial

Desde a xornada hoxe, Sanidade vacinará a todos os nenos e nenas que nazan nos hospitais galegos, e comezará a citar aos nenos prematuros -nados desde o 1 de outubro-, así como a rapazada con patoloxía de alto risco -menores de 24 meses-

25/09/2023 | 10:21 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 22 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 24 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

24/09/2023 | 10:30 | C. de Sanidade

As unidades de medicina nuclear e diagnóstico por imaxe do Sergas reciben o recoñecemento histórico tras 20 anos consecutivos coa certificación ISO 9001

A empresa pública de servizos sanitarios, Galaria, celebra 20 anos consecutivos coas súas certificacións ISO 9001

23/09/2023 | 12:03 | C. de Sanidade

O Sergas, Premio á excelencia do sistema sanitario, no II Encontro nacional de Xestión, Financiamento e Accesibilidade aos novos medicamentos e terapias

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, recolleu en Valencia un galardón no que se recoñece o funcionamento do sistema sanitario público galego

22/09/2023 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta aproba o proxecto básico da reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa de Lugo, que suporá un investimento de 2,5 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa co obxectivo de licitar estas obras no mes de marzo

22/09/2023 | 11:10 | C. de Sanidade

O servizo de oncoloxía radioterápica do Meixoeiro realiza nos últimos dous anos máis de 300 braquiterapias

O conselleiro de Sanidade remarca a notable traxectoria desta unidade, que rexistra ata a actualidade máis de 57.000 solicitudes totais de tratamento: 49.057 teleterapia, 5.033 braquiterapia e 3.192 radiocirurxía
 

21/09/2023 | 19:57 | C. de Sanidade

A Coruña acolle aos máis destacados especialistas en miocardiopatía hipertrófica

O conselleiro de Sanidade sinala que esta enfermidade afecta aproximadamente a 1 de cada 500 persoas, aínda que aplicando estudos xenéticos, esta prevalenza pode ser maior e chegar a 1 de cada 250 persoas sas, “de aí a importancia dun diagnóstico precoz e o estudo dos familiares”

21/09/2023 | 19:39 | C. de Sanidade

A xerente do Sergas aborda na Real Academia de Medicina de Galicia os retos do Sistema Nacional de Saúde

Tal e como sinalou Estrella López-Pardo, os retos aos que se enfronta a sanidade son globais, e non afectan so a unha rexión ou a un país