Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

22/02/2023 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a adquisición dunha furgoneta eléctrica para os servizos municipais do Concello de Portas cunha achega de case 30.000€ do Fondo de Compensación Ambiental

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Ricardo Martínez, presentaron esta mañá o novo vehículo de cero emisións que atenderá aos departamentos de Obras, Servizos e Medio Ambiente

22/02/2023 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 19 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas

21/02/2023 | 18:27 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 47.000 euros en accións de prevención de incendios forestais nos concellos de Porto do Son e Ribeira

As actuacións de prevención lévanse a cabo nos montes das parroquias de Noal, no concello de Porto do Son; e Carreira e Oleiros, no concello de Ribeira.

21/02/2023 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Merca avanzan no proxecto para acadar unha mellor integración paisaxística da contorna de Santa Eulalia de Parderrubias

A obra, cun orzamento estimado de máis de 100.000 €, podería encaixar nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos

20/02/2023 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa 13 actuacións de ‘fermosismo’ coa corrección de impactos paisaxísticos no Baixo Miño cun investimento de 54.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, supervisaron esta mañá catro melloras en propiedades particulares do Rosal e a impulsada polo Concello de Oia nas fontes e lavadoiro da Riña

19/02/2023 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo o ano pasado máis de 6.700 inspeccións e tramitou case 2.800 denuncias relacionadas con delitos contra o medio ambiente

A actividade levada a cabo polos axentes da Policía Autonómica en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aumentou respecto a 2021 cun 12% máis de controis e un 6% máis de denuncias
 

19/02/2023 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por desfrutar dun entroido sostible cun consumo responsable e coa reciclaxe dos residuos

Ángeles Vázquez pon en valor que municipios como Laza conten cos medios para facilitar o sinxelo, pero fundamental xesto de separar correctamente os refugallos e depositalos no contedor correspondente

17/02/2023 | 12:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cenlle avalían un proxecto municipal para humanizar a praza de Barbantes cun orzamento estimado de máis de 350.000 euros

A Consellería estudará a actuación para determinar se encaixa no plan Hurbe, impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar iniciativas que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

16/02/2023 | 14:56 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta expón no Foro Europeo Transfiere 2023 que se celebra en Málaga os logros do ecosistema de I+D+i galego

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun stand institucional no que participan unha vintena de entidades de I+D+i galegas

16/02/2023 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello da Capela na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de varios lugares do municipio

A Xunta mantén aberta ata o 27 de febreiro a convocatoria destinada a apoiar aos municipios na mellora do medio natural e que conta este ano cun investimento de 11 M€