Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 772 novas da área temática Benestar:

04/02/2023 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asina un novo convenio con Acega para fomentar un comercio adaptado ás necesidades das persoas celíacas

Máis de 250 comercios ou centros hoteleiros de toda Galicia participan actualmente neste programa que ofrece formación, asesoramento e controis de alérxenos

03/02/2023 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede ao centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace 2 M€ para a ampliación das súas prazas

Creará 22 prazas de centro de día e nove de atención residencial, que permitirán ofrecer estadías de fin de semana para o respiro familiar

02/02/2023 | 13:28 | C. de Sanidade

A Xunta celebra os datos que amosan que a cidadanía galega é a que máis confía na sanidade pública de toda España

A xerente do Sergas analizou no Parlamento os datos do Barómetro Sanitario do CIS, que revelan unha preferencia da sanidade pública sobre a privada, tanto na atención primaria, como na hospitalaria e de urxencias

02/02/2023 | 11:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concedeu preto de 4.900 Bonos coidado ás familias para contribuír a atención dos seus fillos

O número de achegas económicas concedidas multiplicáronse por cinco en 2022 con respecto ao ano anterior

01/02/2023 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A comarca de Bergantiños-Costa da Morte contará con dúas unidades de atención temperá coa nova orde de axudas

Esta nova orde reserva para estes dous centros máis de 568.000 euros e terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha

30/01/2023 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 150.000 euros anuais ao Concello de Valga para o funcionamento do seu centro de día de atención á discapacidade

A achega permite que os usuarios conten con terapias, atención e programas que lles axuden a estar máis activos e poidan mellorar a súa calidade de vida

30/01/2023 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva coidados gratuítos en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de Lalín

As consultas están dirixidas a persoas maiores de 55 anos, que deben pedir unha cita previa a través dos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992 ou do enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

30/01/2023 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 200.000 € ao concello da Lama para a creación de 26 prazas de atención residencial e diúrna

Este novo centro ofrecerá seis prazas de atención residencial e 20 de centro de día para que as persoas maiores desta localidade conten con servizos ao carón dos seus fogares