Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

28/07/2023 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de reurbanización da Avenida Rodríguez de Viguri de Santiago farán necesario o corte do tráfico na rúa desde o 31 de xullo ata o 1 de setembro

Este peche da circulación permitirá que poidan traballar dous equipos de xeito simultáneo co fin de avanzar con maior axilidade nas obras
 

27/07/2023 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello do Barco de Valdeorras do treito inicial da estrada OU-622, coincidente coa avenida do Bierzo

Transfírese o treito urbano de algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude desta vía autonómica, entre a avenida Manuel Quiroga e o entronque coa rúa San Francisco Blanco, incluíndo as obras de paso viarias sobre o ferrocarril e o río Cigüeño

27/07/2023 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 150.000 euros as obras da senda peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504, entre o Vinquiño e Contumil, en Sanxenxo

Os traballos posibilitarán a execución dun itinerario accesible polo cal os peóns poderán circular en condicións de máxima seguridade

27/07/2023 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita a redacción do proxecto e dirección de obra para a rehabilitación do inmoble da rúa San Andrés 88, na Coruña

O inmoble foi adquirido no marco do programa Rexurbe por un importe de máis de 520.000 euros

27/07/2023 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da mobilidade e da seguridade peonil na estrada autonómica AC-524 en Frades cun investimento de máis de 225.000 euros

Habilitouse un itinerario de 770 metros na marxe esquerda da vía que permite os desprazamentos máis cómodos e seguros entre os núcleos de Pibideira, O Pazo e Sobre dos Campos, continuando pola senda da travesía da Abellá

26/07/2023 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta comeza as obras de renovación nas cubertas e canlóns do Colexio CEIP Froebel

O obxectivo é solucionar os problemas máis recentes, manténdose o compromiso de realizar a terceira fase de reforma do centro

26/07/2023 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe o trámite ambiental do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental correspondente, que indica que non son previsibles efectos adversos significativos no medio ambiente pola construción da nova infraestrutura

26/07/2023 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, Crecente e As Neves, que suporán un investimento de 3,3 M€

As actuacións contan cun prazo de execución de 9 meses e consisten na rehabilitación da capa de rodaxe, o acondicionamento de interseccións ou a mellora da drenaxe en distintos puntos da vía autonómica ao paso por estes tres concellos

26/07/2023 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio Cultural autoriza o plan especial do concello de Vigo para construír a biblioteca do estado

A Dirección Xeral comunica o seu informe sectorial favorable para ubicar a nova dotación en dúas parcelas municipais

26/07/2023 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a xestión do sistema de depuración das augas superficiais na autovía Ferrol–Vilalba, ao paso polas Pontes, por un importe de case 3,8 M€

Trátase da explotación das instalacións de tratamento físico-químico para a corrección da acidez das augas no tramo da autovía á altura de Mariñadela, e da decantación e separación dos lodos, de modo que no medio se garanta o pH normal