Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

29/03/2023 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o proxecto SoNNMESyC de mobilidade sostible no que participan empresas galegas e confía en que se axilice o novo Perte do vehículo eléctrico

O novo proxecto tractor será beneficiario de 32,8 millóns de euros no marco do Perte VEC permitindo transformar a mobilidade no transporte de mercadorías e pasaxeiros, abordando a electrificación de autobuses, vehículos semipesados para usos especiais, e vehículos lixeiros, motocicletas e para repartición de última milla
 

29/03/2023 | 13:17 | C. de Economía e Industria

O Consello da Xunta aprobará en abril o proxecto de Lei de Artesanía co obxectivo de impulsar o sector como actividade económica sustentable

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Cambre os obradoiros de Gaitas Seivane e Laura Delgado Cerámica, no marco dos Días Europeos da Artesanía

28/03/2023 | 15:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a formación especializada dos xerentes das asociacións de comerciantes para reforzar a competitividade do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe os diplomas do curso de dixitalización, vendas e promoción en espazos comerciais no que participaron medio cento de profesionais de centros comerciais abertos

27/03/2023 | 13:01 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o impulso que a Xunta está dando á transferencia de coñecemento a través do programa Ignicia

A convocatoria Ignicia recibiu 43 solicitudes na súa cuarta edición, un 54 % máis que na anterior convocatoria, por parte de fundacións de investigación sanitaria, universidades, centros tecnolóxicos e CSIC

26/03/2023 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor o compromiso de Sentury con Galicia a través do impulso dunha planta de pneumáticos nas Pontes que xerará 750 empregos

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse en Santiago de Compostela co presidente do Grupo, Qin Long, para avaliar o avance da tramitación desta iniciativa, un dos catro proxectos industrias estratéxicos declarados polo Goberno galego

25/03/2023 | 14:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Zinpro os plans de futuro desta empresa en Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co representante da multinacional estadounidense, que abrirá proximamente unha oficina e un laboratorio na Sionlla Biotech

25/03/2023 | 09:51 | C. de Economía e Industria

Galicia celebra os días europeos da artesanía con actividades de divulgación dos oficios artesáns

A través desta iniciativa, que se celebra do 27 de marzo ao 2 de abril, búscase achegar os oficios artesanais á sociedade

24/03/2023 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Muros un programa de obradoiros abertos para celebrar os Días Europeos da Artesanía

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentou esta mañá os obradoiros de cestería, de estampaxe e as actividades que terán lugar no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón dos días 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril