Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

04/10/2023 | 21:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda pon en valor que Galicia dispón do programa de cribado neonatal máis completo de España

Destaca que o programa de cribado de Galicia inclúe ata 30 patoloxías, fronte as 7 que inclúe a carteira básica estatal

04/10/2023 | 13:14 | C. de Sanidade

Comesaña destaca a importancia de intervencións educativas para fomentar a concienciación coa doazón e transplantes

Na exposición inaugurada no Hospital Álvaro Cunqueiro, o conselleiro de Sanidade salienta o extraordinario labor que desempeñan as asociacións de doadores ao dar visibilidade, sensibilizar e pór en valor a oportunidade de vida que ofrecen os transplantes

03/10/2023 | 18:00 | C. de Sanidade

Sanidade traballa na elaboración de ‘Código Trauma’ para optimizar os tempos de resposta e a asistencia dos pacientes con traumatismos graves

Reducirá os tempos nunha patoloxía que é tempo-dependente e implicará a todos os niveis asistenciais do sistema sanitario público galego

03/10/2023 | 14:23 | C. de Sanidade

A Xunta apoia con máis de 150.000 € a creación de dez novas prazas de docente clínico relacionadas con sete especialidades médicas

Na actual lexislatura, a Xunta apoiou a creación de 20 prazas co fin de promover a participación na docencia clínica do Grao de Medicina de profesionais das diferentes áreas sanitarias

03/10/2023 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas que incorpora a AC-12 para facilitar os accesos ao novo hospital público da Coruña

Trátase do treito da vía estatal na intersección da avenida de Oza coa vía de servizo ata pasado o enlace na Ponte Pasaxe, cuxa titularidade asumiu a Xunta para executar os accesos ao novo CHUAC, que suporán un investimento de 24,2 M€

02/10/2023 | 14:02 | C. de Sanidade

O Sergas abre este martes o prazo para a elección de hospital na área sanitaria de Vigo

Poderán solicitar o cambio de hospital os pacientes dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e de determinados centros de saúde de Vigo

02/10/2023 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García visita as novas instalacións da fundación Degén cedidas pola Xunta na Casa do Mar da Coruña

Destináronse 83.000 euros á reforma, acondicionamento e equipamento das dependencias que funcionan como sede administrativa e de xestión da fundación

30/09/2023 | 18:58 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade adapta xa os tratamentos dos pacientes psiquiátricos ao seu perfil xenético

O departamento que dirixe Julio García Comesaña está a desenvolver un sistema de detección de malestar emocional e risco de suicidio na adolescencia baseado na intelixencia artificial

30/09/2023 | 17:01 | C. de Sanidade

A Plataforma Tecnolóxica TELEA leva atendidas a preto de 8.500 persoas para o control do risco cardiovascular

O conselleiro de Sanidade remarca que na actualidade TELEA ten habilitados 26 perfís destinados ao seguimento de diferentes patoloxías

29/09/2023 | 19:30 | C. de Sanidade

A directora da ADOS salienta o labor de sensibilización social a prol da doazón da medula ósea desenvolvido pola asociación Asotrame no décimo aniversario da súa creación

A Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea conmemorou unha década de traballo coa presentación do documental “10 anos de vida”, nun acto que contou coa presenza, así mesmo, da delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros