Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

09/03/2023 | 16:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta busca a colaboración do tecido empresarial das Somozas para avanzar no obxectivo de reducir o lixo de orixe industrial nun 15 % ata 2025

Ángeles Vázquez subliña a relevancia do sector dos residuos na Comunidade, onde xera máis de 7.000 empregos directos, e avanza que este ano se aprobará o novo Plan de residuos industriais de Galicia 2023-2030 para cumprir os obxectivos marcados pola UE

09/03/2023 | 16:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Gabriel Alén destaca a participación dos cidadáns no éxito da reciclaxe dos residuos domésticos

O delegado territorial incidiu no consumo racional, consciente e responsable, pois constitúe o primeiro elo dunha cadea colaborativa que se afana en minimizar o impacto do residuo sobre a contorna

09/03/2023 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta enxalza o papel da paisaxe como elemento vertebrador do rural galego

Enrique de Salvador fai fincapé no traballo desenvolvido polo Concello de Vedra a prol da protección da súa riqueza paisaxística

09/03/2023 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais no lugar do Sequelo cara ao río Lameira, no concello de Marín

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, iniciaron as inspeccións tras as notificacións do 112

08/03/2023 | 19:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta celebra que a sentenza do Tribunal Supremo sobre Ence lle dá a razón e avala a súa postura sobre as prórrogas das concesións anteriores a 1988

Ángeles Vázquez explica que enviou senllas cartas á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e ao secretario de Estado para a UE solicitando información sobre o expediente da UE polas concesións para edificacións na costa

08/03/2023 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/03/2023 | 11:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica o contrato para a análise de mostras e avaliación de riscos das poboacións piscícolas dos ríos e dos centros ictioxénicos

Estes estudos, dos que se encargará a Universidade de Santiago, diagnosticarán patoloxías de orixe bacteriana, vírica, fúnxica ou parasitaria, así como determinacións toxicolóxicas no marco de investigacións de mortalidades acontecidas no medio natural

04/03/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a colaboración do Ceida no desenvolvemento de actuacións formativas e de divulgación na Rede Galega de Reservas da Biosfera

Ángeles Vázquez subliña que o Ceida é un dos centros de referencia no eido da educación ambiental e salienta o traballo que realiza na procura da preservación e mellora medioambiental e para fomentar as boas prácticas cidadás nesta materia

04/03/2023 | 11:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas oferta 140 prazas para realizar visitas guiadas nos catro arquipélagos esta primavera

A través do programa Descubrindo o Parque Nacional, a Xunta ofrece un total de oito rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de marzo e abril

03/03/2023 | 16:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta chama ao tecido empresarial a converterse nunha peza clave no impulso da economía circular en Galicia e nun exemplo de xestión sostible dos residuos

Ángeles Vázquez subliña que o novo Plan de residuos industriais de Galicia 2023-2030 avanza na súa tramitación e contribuirá a cumprir os obxectivos marcados pola UE en materia de produción, tratamento e reciclaxe dos refugallos do sector industrial