Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

01/08/2023 | 17:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial fará todo o posible para que a base do 061 de Pontevedra conte con máis espazo útil

Agustín Reguera escoitou as necesidades dos sanitarios do 061 e intentará xestionar o traslado da documentación que actualmente se almacena no edificio.
 

01/08/2023 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza a obra de eliminación do treito de concentración de accidentes en Coiro e Tirán tras investir 1,1 millóns de euros

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, visitou este martes a parroquia moañesa de Tirán onde levouse a cabo unha importante mellora da seguridade viaria

01/08/2023 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras na escola infantil pública de Coristanco por un valor próximo aos 20.000 euros

Melloraranse as fachadas e as instalacións de calefacción e fontanería do centro

01/08/2023 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 726.000 euros da xunta na senda na estrada AC-301 en Rois, que lles facilita aos veciños desprazamentos cómodos e seguros

A senda, que comeza na contorna das naves do polígono industrial de Padrón, conecta coas beirarrúas existentes no núcleo de Rois, ao longo dun treito da estrada que rexistra un elevado tránsito a pé

01/08/2023 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras de humanización do entorno da Casa Cuartel, en Esgos

Esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o concello, que supuxo un investimento total de preto de 216.000 euros, cunha aportación da Xunta de máis de 151.000 euros

01/08/2023 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 24 ofertas para o servizo de revisión de seguridade das presas de Baiona, Eiras, O Con e Caldas de Reis, as 4 de titularidade autonómica

Este contrato, dividido en catro lotes e cun investimento global de 422.000 euros, recibiu 6 ofertas de empresas para o servizo en cada presa

31/07/2023 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a mellora da varanda do paso de ferrocarril na OU-622, no Barco de Valdeorras, que completa a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na avenida do Bierzo

As actuacións consisten na colocación dun pasamáns e novos pilares, así como na instalación dunha nova varanda similar á existente en varios puntos

31/07/2023 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/07/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar

A Xunta avanza que este verán completará o saneamento da ría de Viveiro e do núcleo de Celeiro logo dun investimento de case 8 M€

Ethel Vázquez destaca que as infraestruturas construídas para a condución e impulsión ata a depuradora de Viveiro das augas residuais de Celeiro están case finalizadas poderán poñerse en servizo en setembro

31/07/2023 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta afronta a fase final das obras de mellora do tramo de concentración de accidentes da estrada PO-403 ao seu paso por Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou o fin dos traballos nunha visita xunto á alcaldesa, Nava Castro, e destacou a sensibilidade do goberno galego para incorporar melloras que atendían ás demandas veciñais