Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

23/06/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

Galicia recibe dous galardóns no Congreso Nacional de Formación e Emprego Inclusivo de Granada

O Centro Nacional de Referencia de Artesanía distingue á Fundación Artesanía de Galicia polo seu impulso dos oficios artesanais como modelo de inclusión laboral para persoas con diversidade funcional

23/06/2023 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a formación docente cun investimento récord de 9 M€ para 5.800 accións enfocadas a dixitalización, innovación e convivencia como liñas prioritarias

Román Rodríguez explica que o plan é “un compromiso” cos retos de futuro como a xestión tecnolóxica e con “aspectos tan esenciais” como a atención á diversidade

23/06/2023 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O prazo para presentar as solicitudes ás 42.174 prazas de novo ingreso de FP está aberto desde hoxe ata o 5 de xullo

Unha vez as persoas interesadas obteñan praza, a data de inicio do primeiro período de formalización de matrícula varía entre o 18 e o 19 de xullo, en función da ensinanza

23/06/2023 | 09:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria para financiar proxectos de investigación universitaria en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 200.000 euros, dirixida a grupos e centros de investigación das universidades galegas e cun período de execución de dous anos

22/06/2023 | 20:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda resalta a excelencia dos mellores expedientes galegos da ABAU e anímaos a continuar a súa formación nas Universidades da comunidade

Salienta a cultura do esforzo como o camiño axeitado para acadar a excelencia e lograr os obxectivos propostos, en consonancia cos bos resultados que ofrece Galicia nos principais indicadores académicos

22/06/2023 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia a obra de ampliación do Colexio Agro do Muíño, en Ames

A Consellería de Educación vén de adxudicar esta actuación por máis de 3,3 millóns de euros

21/06/2023 | 17:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 639 alumnos de bacharelato realizarán estadías lingüísticas no estranxeiro este verán

O obxectivo é que os estudantes galegos melloren as súas competencias idiomáticas en inglés, francés, portugués e alemán

21/06/2023 | 13:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
20/06/2023 | 15:09 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia a estudantes do IES Coruxo, do CPR Plurilingüe Barreiro e do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo no certame Consumópolis

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe os centros educativos galardoados nesta iniciativa mediante a cal se impulsa o consumo responsable nos máis novos

20/06/2023 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ethel Vázquez destaca o labor de concienciación sobre o aforro da auga dos escolares do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove no vídeo gañador do premio provincial Innovaugas 4.0

Vázquez Mourelle sinala que o vídeo galardoado, “Gota a gota tamén se esgota”, traslada nun minuto consellos para aforrar auga e incide en que o coidado deste recurso é tarefa de todos