Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

08/02/2023 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa co Concello de Mos un programa de voluntariado interxeracional centrado nos coidados aos maiores

A iniciativa leva por título ‘Compartindo experiencias de vida’ e inclúe actividades como faladoiros, exercicios físicos na casa, musicoterapia ou ensinanza de instrumentos tradicionais

07/02/2023 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia a incorporación de cen docentes de apoio para a atención á diversidade noutros tantos centros escolares galegos

Recorda que Galicia é a Comunidade máis inclusiva por ter a maior porcentaxe de alumnos con necesidades especiais escolarizados en centros ordinarios

07/02/2023 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina este ano máis de 3,8 M€ aos Servizos Sociais municipais dos oito concellos de Deza e Tabeirós co Plan Concertado e a Axuda no Fogar

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou esta mañá, co alcalde Manuel Cuiña, a oficina de Servizos Sociais de Silleda, que é unha das catro da provincia de Pontevedra que conseguiu reforzar o seu persoal cos fondos da Consellería de Política Social e Xuventude

07/02/2023 | 12:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 42.000 € ao concello de Boborás para mellorar o Punto de Atención á Infancia e ampliar o seu parque infantil

Esta actuación permitiu renovar as ventás e o acceso ao centro, así como ampliar o parque infantil anexo

07/02/2023 | 11:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas por 8,4 millóns de euros para a construción de vivendas para alugueiro social

Os inmobles deberán localizarse en terreos de titularidade pública e adxudicaranse en réxime de arrendamento a prezos limitados durante un período mínimo de 50 anos

07/02/2023 | 10:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolverá con Aldeas Infantiles o primeiro programa de acollemento familiar especializado en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución do procedemento aberto por concerto social para adxudicar esta iniciativa

06/02/2023 | 15:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica o novo decreto que regulará o primeiro Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

Estará conformado por 30 nenos e adolescentes de entre 8 e 17 anos que achegarán as súas opinións e propostas para articular políticas públicas

06/02/2023 | 13:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia Aspanaex para a creación en Vigo dunha residencia e dun centro de día de atención ás persoas con discapacidade

Avanza a disposición de 2 M€ por parte da Administración autonómica para a posta en marcha dun servizo polo que se habilitarán 90 prazas

04/02/2023 | 16:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta creará 6 novas prazas públicas residenciais en Vilalba e inviste 160.000 € para que os usuarios do Hospital Asilo conten cunhas instalacións renovadas

A Administración autonómica destina un orzamento anual de máis de 546.000 euros para o financiamento de prazas públicas de atención a maiores

04/02/2023 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asina un novo convenio con Acega para fomentar un comercio adaptado ás necesidades das persoas celíacas

Máis de 250 comercios ou centros hoteleiros de toda Galicia participan actualmente neste programa que ofrece formación, asesoramento e controis de alérxenos