Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

01/07/2024 | 17:55 | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de dous millóns de euros á mellora da totalidade das bases e instalacións do 061

Melloraranse as infraestruturas nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos

01/07/2024 | 17:39 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

29/06/2024 | 14:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; Axencia de Turismo de Galicia
28/06/2024 | 16:07 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 72.000 € a redacción do proxecto da obra de integración do PAC no centro de saúde de Outeiro de Rei

A obra permitirá que o Punto de Atención Continuada se integre co centro de saúde a través dunha ampliación de 557 m2

28/06/2024 | 15:43 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 126.000 € a redacción do proxecto do novo centro de saúde do Concello de Barro

Suporá habilitar unha área da muller cunha consulta de matrona e incrementar nunha sala polivalente e unha consulta de enfermería pediátrica

28/06/2024 | 15:42 | C. de Sanidade

A campaña de inmunización fronte ao VRS da Xunta, galardoada como mellor proxecto autonómico de adherencia

A iniciativa da Consellería de Sanidade foi posta en valor de entre o conxunto de proxecto desenvoltos polos sistemas sanitarios públicos autonómicos

28/06/2024 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia contribúe a avanzar na medicina personalizada de precisión no marco do Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á saúde

A participación galega está liderada pola Fundación Kaertor, ademais da presenza das tres universidades públicas e das tres fundacións de investigación sanitaria

28/06/2024 | 14:12 | C. de Sanidade

A ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo prestará asistencia sanitaria desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto

Durante o período estival, a poboación dos concellos da zona aumenta debido ao turismo e provoca grandes fluxos de circulación polas estradas que incrementan a sinistralidade viaria

28/06/2024 | 13:46 | C. de Sanidade

A Xunta presenta en Chaves o proxecto TRANSFIRESAÚDE para a integración do ecosistema de I+D+i sanitario na Eurorrexión

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) coordina este proxecto, que conta coa participación de diversas entidades galegas e do norte de Portugal