Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 156 novas da área temática Patrimonio:

27/11/2023 | 14:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Norte de Portugal impulsarán un novo proxecto de cooperación transfronteiriza para garantir a protección do Parque Natural Gêres- Xurés

Do Campo incide no obxectivo común de establecer mecanismos de coordinación, que permitan intercambios de experiencias, información e documentación que permitan o desenvolvemento de proxectos conxuntos

27/11/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O arcebispo de Santiago pregoará o Belén de Begonte, que foi presentado hoxe na sede da Xunta en Lugo

O evento, declarado de interese turístico galego, botará a andar o día 2 e inclúe unha nova convocatoria dos certames de arte, poesía, xornalismo e debuxo infantil

17/11/2023 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/11/2023 | 16:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez comparte no Parlamento Europeo a “gran fazaña técnica e social” que supuxo a rehabilitación da Catedral de Santiago

“A reinaguración desta icona 800 anos despois da súa consagración é un dos procesos máis significativos dos últimos anos en Europa no ámbito do patrimonio”, salienta

15/11/2023 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola formación para impulsar a competitividade da Artesanía de Galicia e a captación de novos talentos

A través da Fundación Artesanía de Galicia pon en marcha o programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’, no marco do cal están programados polo de agora seis cursos centrados na ourivería compostelá, na olería de Buño, na xastrería, no tecido tradicional e na pasamanería
 

09/11/2023 | 11:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
07/11/2023 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio Cultural levanta as cautelas arqueolóxicas para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura de Vigo

A Dirección Xeral comunicou tanto ao Concello de Vigo como á empresa promotora a resolución favorable tras a finalización das catas sen atopar ningún resto destacable

02/11/2023 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 7,2 M€ na conservación e posta en valor de 44 bens da Ribeira Sacra para impulsar a súa candidatura a patrimonio mundial da Unesco

Lembra que do 6 ao 8 de novembro celebrarase en Santo Estevo de Ribas de Sil un congreso con expertos nacionais e internacionais para relanzar a candidatura