Actualidade
Buscador de novas
As escolas náuticas de Ferrol e Vigo formarán por primeira vez a trinta futuros oficiais de ponte a través da rede
Cunha duración de 80 horas, estes dous cursos de teleformación permitirán o aumento de atribucións para os posuidores do título de patrón costeiro polivalente
Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores
A delegada da Xunta visitou o punto informativo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) no Mercado de Teis con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras
A Xunta imparte mañá, día 12, unha xornada formativa de poda no concello ourensán de Ribadavia a través da Oficina Agraria Móbil
Esta xornada desenvolveranse na parroquia de Santo André e abordará a poda en viñedo, co obxectivo de difundir técnicas que sexan máis respectuosas coa vide e que mitiguen a incidencia das enfermidades da madeira
A Xunta publica en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia
Este directorio de axentes tecnolóxicos conta xa con máis de 340 entidades e ofrece información sobre uns 1.400 produtos e servizos e 78 tecnoloxías
A Xunta concede axudas a oito asociacións profesionais e empresariais para a formación no eido do transporte por estrada cun investimento de 500.000 €
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destes incentivos cuxo obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en materia de seguridade viaria ou de manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial
A Xunta avanza na profesionalización do persoal da infraestrutura industrial de Sogama dentro do seu Plan Estratéxico 2024-2030
O programa formativo impulsado pola empresa pública xunto coa firma Prezero pretende dotar a Galicia tanto do mellor tratamento de residuos municipais como duns profesionais coa maior cualificación do sector
O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece medio cento de prazas para formarse como guías especializados nos valores deste espazo natural
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes esta semana e o curso constará dunha parte en liña, entre abril e xuño, e outra presencial a finais de ano
A Consellería do Mar traslada aos docentes das escolas náuticas a suba en complementos salariais por formación, funcións de goberno ou titorías
A Xunta autoriza aplicar aos 82 profesores numerarios e mestres de taller o pacto acadado entre os representantes da Consellería de Educación e as organizacións sindicais que ratificaron estas co presidente autonómico
A Xunta bota man da realidade virtual para impulsar o traballo en equipo no marco do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento ‘NeoSkills: realidade virtual para o desenvolvemento das competencias’ organizado desde o Polo porriñés