Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

01/04/2024 | 15:45 | C. do Medio Rural

A Xunta terá unha presenza destacada no Galicia Fórum gastronómico e apoiará a promoción de máis de 50 empresas e cooperativas alimentarias galegas

Este evento celébrase no recinto de Expocoruña do 7 ao 9 de abril e nel a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, contará cun espazo propio no que haberá 31 empresas coexpositoras

31/03/2024 | 17:31 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co sector vitivinícola galego no marco da XLII Feira do Viño de Quiroga

José González lembrou que a convocatoria deste ano das axudas para reestruturación e reconversión de viñedo, dotada con catro millóns de euros, estará aberta ata o vindeiro día 26 de abril

30/03/2024 | 10:01 | C. de Economía e Industria

Máis de 60 obradoiros celebran os Días Europeos da Artesanía achegando os seus oficios á sociedade

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coordina o programa na Comunidade e colabora con diferentes actividades nas catro provincias, entre as que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas

29/03/2024 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta afianza a súa aposta pola calidade diferenciada na XXXI Feira do requeixo e o mel do concello pontevedrés das Neves

O conselleiro do Medio Rural en funcións foi o encargado de entregar o segundo premio do concurso de “Receitas con Requeixo”, salientando que estes produtos “contan cunha historia profundamente galega que fala de tradición e calidade”

25/03/2024 | 13:53 | C. do Mar

Galicia participará ata final de ano en 14 feiras que levarán os produtos das empresas do mar da comunidade polos principais mercados do mundo

Despois da exitosa presenza de 25 coexpositores do sector transformador en Alimentaria 2024 en Barcelona en abril acudirase ao Fórum Gastronómico na Coruña, o Salón Gourmets de Madrid e a Seafood Expo Global de novo na Cidade Condal

19/03/2024 | 19:01 | C. do Mar

Galicia leva o mellor sabor do mar galego a Barcelona co obxectivo de que os produtos pesqueiros galegos cheguen a novos mercados

O titular de Mar destaca a aposta da Xunta por apoiar a presenza das empresas galegas en feiras internacionais como plataformas máis axeitadas para promocionar o bo facer e a calidade que hai detrás dos produtos do mar galegos

19/03/2024 | 14:15 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz participa na presentación en Vigo do Galicia Forum Gastronómico que conta co apoio da Xunta

A delegada territorial asistiu xunto a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, na posta de largo do evento que se celebrará entre os días 7 e 9 de abril