Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

10/01/2024 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras do saneamento de Celeiro que completan a mellora do sistema de tratamento de augas na ría de Viveiro

O delegado territorial da Xunta en Lugo participou no acto de entrega ao Concello de Viveiro destas infraestruturas hidráulicas, que supuxeron un investimento de case 4 M€

10/01/2024 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Ponteareas colaboran achegando preto de 1,7 M€ para iniciar a extensión do saneamento a toda a parroquia de Ribadetea

O convenio establece o compromiso da Xunta de contratar, executar e financiar as obras nun 80%, con máis de 1,3 M€, mentres que o Concello achegará o 20% restante

05/01/2024 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/01/2024 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial percorre a parroquia de Paraños, en Covelo, xunto aos usuarios da Comunidade de augas

Os veciños da parroquia mostraron ao delegado as infraestruturas que permiten que a auga chegue aos fogares asociados

27/12/2023 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ordes colaboran achegando preto de 820.000 € para dotar de servizos de abastecemento e saneamento o núcleo do Canedo

O convenio establece o compromiso da Xunta de contratar, executar e financiar as obras nun 80 %, con máis de 665.000€, mentres que o Concello achegará o 20 % restante

22/12/2023 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota de abastecemento a tres parroquias de Pantón cun investimento próximo aos 600.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se construirá unha rede de 13 quilómetros de tubaxe para subministrar a San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato

20/12/2023 | 19:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez insta ao Concello de Gondomar a facilitar os terreos para que a Xunta invista máis de 2 M€ en reducir o risco de inundación

Vázquez Mourelle subliña que se o Concello asumise as responsabilidades que adquiriu no convenio coa Xunta as obras estarían rematadas ou a piques

18/12/2023 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Neda abordan as actuacións necesarias para reducir os riscos das inundacións na contorna dos ríos Basteiro e Belelle

Augas de Galicia presentou hoxe aos representantes municipais o resultado dos estudos realizados sobre esta zona de especial perigosidade e as medidas propostas

17/12/2023 | 16:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos e un rego no concello de Teo

Os traballos estanse a desenvolver no río Tinto, no rego da Auga e en dous ríos innominados, nos seus percorridos polas parroquias de Cacheiras, Calo e Luou

16/12/2023 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Belelle e Basteiro no concello de Neda

Estes traballos están levándose a cabo en treitos interurbanos destes dous ríos para eliminar os arrastres das últimas riadas