Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 827 novas da área temática Medio ambiente:

11/04/2023 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña que a futura Lei de aproveitamento dos recursos naturais fomentará os proxectos de autoconsumo enerxético nos parques empresariais

Ángeles Vázquez salienta que o obxectivo xeral é garantir un retorno para Galicia dos beneficios sociais e económicos que se derivan da implantación deste tipo de proxectos

11/04/2023 | 13:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora o compromiso das sociedades de pesca coa conservación das contornas fluviais

Ángeles Vázquez explica que as actuacións realizadas polos socios destas entidades permiten a roza da vexetación, a habilitación de sendeiros e a colocación de bancos

10/04/2023 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a área de interese paisaxístico do Castelo de Pambre como exemplo da riqueza natural e patrimonial que atesoura Galicia

Ángeles Vázquez subliña que as 302 zonas delimitadas en Galicia pola relevancia da súa paisaxe desde o punto de vista natural, cultural ou panorámico representan o 9,21% da superficie da Comunidade e supoñen un legado que hai que preservar e dar a coñecer

09/04/2023 | 18:52 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais

09/04/2023 | 14:36 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo novas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais

09/04/2023 | 12:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Permanece aberto o prazo para participar nunha nova edición da campaña ‘1m2 contra a basuraleza’

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá, contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos

09/04/2023 | 11:14 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas provisionais

08/04/2023 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de marzo moi cálido e lixeiramente húmido

O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a temperatura media se situou 1,2 graos por riba do esperado, o que supón que fose o marzo máis cálido desde 2012

03/04/2023 | 17:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama inviste 1 millón de euros para dotar á planta de Monforte cunha liña de transferencia para a materia orgánica

Unha vez reformada, a planta servirá a 18 municipios que incorporarán os contedores marróns para a recollida selectiva destes residuos