Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

03/04/2023 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta somete a información pública o proxecto de hidróxeno verde de Reganosa e EDP nas Pontes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio que outorga un prazo de 30 días hábiles para a presentación de alegacións ou observacións

03/04/2023 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a presenza das startups galegas na Feira Internacional Mindtech que se celebrará en Vigo en xuño

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 200.000 euros a un novo convenio con Asime que facilitará a promoción das iniciativas innovadoras galegas neste encontro

02/04/2023 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
02/04/2023 | 11:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda viaxará a América para manter encontros empresariais e institucionais que reforcen alianzas estratéxicas tecidas polas raíces comúns

Alfonso Rueda reunirase con autoridades, empresarios e inversores interesados nos proxectos económicos e industriais nos que traballa Galicia

01/04/2023 | 15:27 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aposta do Goberno galego por un rural vivo, competitivo e innovador

Así o puxo de manifesto José González, que recordou diversas liñas de axudas e medidas lexislativas en prol deste cometido

01/04/2023 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na primeira reunión da España Verde onde avanzouse na posta en marcha do corredor ecoturístico, a primeira gran ruta de ecoturismo de España

España Verde celebrou a súa primeira reunión en San Sebastián, xa que este ano Euskadi asume a coordinación das accións do plan de promoción da marca que engloba as 4 Comunidades Cantábricas

01/04/2023 | 11:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda avalía coa Federación Galega de Comercio novas vías de colaboración para seguir reforzando este sector clave para a economía galega

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta semana un encontro co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, no que se abordaron aspectos clave como a transformación dixital, a formación ou a dinamización das vendas

31/03/2023 | 18:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos empresarios de Arousa as distintas liñas de apoio para reforzar a competitividade de pemes e autónomos

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa en Vilanova de Arousa nunha xornada organizada por Galicia Foro Empresarial na que pon en valor programas como a convocatoria xa en marcha do Plan de Misións Comerciais, que suma 2,3 millóns para accións de internacionalización

31/03/2023 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Oficina Galicia Empresa no acompañamento para a tramitación de iniciativas empresariais

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o secretario xeral técnico da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Pablo Casal, participaron esta mañá en Vigo no I Ciclo de Xornadas de Dinamización Empresarial