Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal de iniciativa pública no concello ourensán de Montederramo
O polígono constará de case 100 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos
O DOG publica a resolución das axudas a asociacións de criadores para fomentar as razas autóctonas galegas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural coas axudas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2023, co fin de modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal, así como para garantir a rendibilidade das explotacións
A Xunta promocionará os produtos de calidade do agro e do mar na XXXVI edición da Feira Gourmets de Madrid
O conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar participarán o próximo luns 17 de abril na inauguración do evento, onde 29 empresas do agro e 23 do mar da comunidade compartirán espazo de exposición co Goberno galego
A Xunta aposta pola mobilización da terra agraria como elemento fundamental na loita contra o abandono do territorio e os incendios forestais
José González asegurou que a través de figuras como as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como mediante concentracións parcelarias, desde o ano 2020 puxéronse en valor arredor de 35.000 hectáreas na Comunidade
A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal de iniciativa pública no concello lugués de Bóveda
O polígono constará de case 52 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos
A Xunta presenta un manual que servirá como ferramenta para axudar ás adegas nos trámites administrativos
A publicación impulsada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria titúlase Guía para a xestión dos requisitos administrativos aplicables a adegas e está elaborada polo Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo
A Xunta enxalza o papel da Feira do Viño de Quiroga como un dos reclamos turísticos da Ribeira Sacra
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o encontro, en cuxa 41ª edición participan 12 adegas
A Xunta participa na XVIII edición da Ruta das Covas de Seadur, no concello de Larouco
Este entorno etnográfico está composto de 40 adegas tradicionais de gran valor patrimonial e onde se proxectan actividades turísticas e gastronómicas