Actualidade
Buscador de novas
A Xunta homenaxea aos galegos que emigraron a Venezuela polo seu labor para manter a galeguidade no exterior e ratifica a súa aposta polo retorno
José González agradeceu neste acto o traballo diario dos galegos no exterior para manter vivas as tradicións, música e historia galegas e remarcou o carácter referencial da Irmandade Galega de Venezuela
A ‘Etapa Popular Camiño da Costa’ congrega en Vigo a ducias de persoas e confirma “o auxe da ruta Xacobea que máis medra” en Galicia
A Xunta organizou este domingo a iniciativa cun tramo de 20 quilómetros que discorre polo municipio vigués, entre as parroquias de Saiáns e Teis
Anxo Lorenzo pon en valor a traxectoria de Maribel Outeiriño pola súa faceta divulgadora da figura de Otero Pedrayo
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á entrega da XLII edición dos Premios Trasalba e á reunión do Padroado da fundación do autor
A Xunta reforza a formación do Campus de igualdade laboral con arredor de 6.000 persoas usuarias
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse co persoal docente deste campus a través do que se teñen emitido desde o 2021 preto de 9.400 certificados de aproveitamento de case un cento de cursos e obradoiros
Galicia alenta unha postura común das comunidades autónomas para a xestión ética e responsable da IA
Na xuntanza participaron representantes de 12 gobernos autonómicos, que avanzaron nun documento de consenso de principios xerais para afrontar os retos do uso desta tecnoloxía nas Administracións públicas
Os concellos aspirantes á Bandeira Verde de Galicia soben un 80 % este ano ao rexistrarse 34 candidaturas
Este galardón creado polo Instituto de Estudos do Territorio pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural distinguindo aos concellos máis dinámicos neste eido
A Xunta estuda vías para colaborar co concello das Neves na mellora do saneamento no lugar de Tortoreos
Tamén avaliaron o proxecto para a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais na parroquia de Liñares
A Xunta financia a 72 investigadores posdoutorais para que afiancen a súa traxectoria en Galicia
A Consellería de Educación vén de adxudicar os contratos tanto para a formación completa como para a consolidación de liñas de investigación propias
O Gaiás estrea este mércores o seu ciclo de Verán en Familia co premiado espectáculo de circo e maxia ‘Karpaty’
Karpaty, da compañía valenciana La Troupe Malabó, foi galardoado como mellor espectáculo circense no Premio Territorio Violeta 2024, mellor Vestiario polo Instituto Valencià de Cultura e co premio do público no Festival Transfronteirizo de Guareña