Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

12/07/2023 | 16:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o potencial dos espazos de lecer para transmitir unha imaxe positiva da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da XVI edición do curso de verán de dinamización lingüística ‘Traballando en lingua’

11/07/2023 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza o primeiro Plan de capacitación do profesorado de Formación Profesional, con preto de 11.300 prazas e un investimento de 1,8 M€

Román Rodríguez asegura que se trata de “garantir a mellor formación didáctica” dos docentes co fin de afrontar os retos vinculados ás demandas dos sectores produtivos

10/07/2023 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 51.000 persoas presentan solicitude para cursar FP o vindeiro curso, un máximo histórico que amosa o interese dos galegos pola nova oferta

Román Rodríguez sinala que estas cifras récord confirman “a enorme confianza da cidadanía na FP galega, cunha reposta masiva á oferta deseñada para o próximo ano”

09/07/2023 | 10:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece oito centros polas súas accións innovadoras de fomento do uso da lingua galega

Trátase dos colexios de Reboreda de Redondela, A Solaina de Narón e Plurilingüe Antonio Orza de Boqueixón, dos institutos Ricardo Carvalho Calero de Ferrol, Martaguisela do Barco de Valdeorras e Ramón Cabanillas de Cambados e do Centro Integrado de FP Rodolfo Ucha de Ferrol

07/07/2023 | 15:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda avanza a posta en marcha dun plan para mellorar infraestruturas nos sete campus galegos que vai mobilizar 100 M€

Resalta a importancia deste proxecto para seguir avanzando na consolidación da excelencia e calidade do sistema universitario da comunidade

05/07/2023 | 16:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia creará un grupo de traballo para simplificar a burocracia asociada ao ensino e redactará un manual de mantemento dos centros

Búscase establecer a simplificación da xestión administrativa que deben manexar docentes e equipos directivos no seu día a día

05/07/2023 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a FP Dual de laboratorio de análise de calidade no Politécnico de Santiago en colaboración con sete empresas biotecnolóxicas

Son un total de 22 prazas que van permitir ao alumnado complementar a cualificación que recibe no centro con períodos de formación en compañías punteiras

04/07/2023 | 11:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Stellantis colaboran na posta en marcha de tres proxectos de FP Dual con case 40 prazas en Vigo

Román Rodríguez salienta o avance cara a unha “Formación Profesional á carta” e lembra o prazo para solicitar praza remata mañá mércores

03/07/2023 | 17:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias participa na inauguración da nova edición de XuvenCiencia no Campus Terra

O delegado territorial da Xunta en Lugo gabou o éxito da iniciativa, que reúne a preto dun cento de mozos e mozas arredor de 16 propostas educativas

01/07/2023 | 10:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa Educación responsable chegará a 102 centros o vindeiro curso enfocado ao benestar emocional

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Fundación Botín e suma 15 centros novos