Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

21/04/2023 | 16:40 | C. do Medio Rural

As aldeas modelo impulsadas pola Xunta posiciónanse como laboratorios vivos dentro do proxecto comunitario Rustik a prol da transición cara a un rural sustentable

Rustik é un proxecto de investigación de catro anos de duración (2022-2026) financiado polo programa Horizon da Unión Europea

21/04/2023 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha este ano o banco de explotacións no marco da Lei de recuperación para garantir a remuda xeracional no agro

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, abordou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as ferramentas de posta en valor que contempla

20/04/2023 | 21:01 | C. do Medio Rural

A Xunta resalta a importancia das rutas dos viños de Galicia para dar a coñecer o bo facer das cinco denominacións de orixe vitivinícolas da comunidade

As rutas comezarán en Valdeorras e rematarán en Monterrei tendo por obxectivo a mellora do posicionamento dos viños galegos

19/04/2023 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central que o IVE sexa custo elixible na modernización do regadío da Limia

José González sinalou que é preciso incrementar os fondos asignados á modernización do regadío da Limia para que se adecúe ao custo real e revisar o esquema financeiro proposto, co fin de que sexa o menos gravoso posible para os regantes

18/04/2023 | 14:41 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo ata o vindeiro 7 maio para inscribirse nas catas oficiais de viños e augardentes de Galicia 2023

Os interesados terán que enviar o correspondente boletín de inscrición ao consello regulador correspondente, quen certificará que as empresas que se inscriban cumpren os requisitos e condicións establecidas nas bases do concurso

18/04/2023 | 13:23 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a IXP Ternera Gallega no marco da 36ª edición do Salón Gourmets

O obradoiro está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas de Carnes de Vacún de Galicia

18/04/2023 | 13:18 | C. do Medio Rural

O DOG publica a convocatoria de axudas para a nova participación de produtores en réximes de calidade

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución coas bases da convocatoria, que contempla como subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación

14/04/2023 | 21:03 | C. do Medio Rural

A Xunta resalta os instrumentos que ofrece a Lei de recuperación para a ordenación de usos do territorio e a mobilidade de terras

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou nun relatorio no marco das xornadas A transición ecolóxica no condado Paradanta, organizadas polo GDR local

14/04/2023 | 16:09 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a futura Lei da calidade alimentaria para poñer en valor e salvagardar a excelencia e o prestixio dos produtos agroalimentarios galegos

José González sinalou que o obxectivo fundamental desta nova lei será que os produtos alimentarios galegos alcancen unha nova dimensión no mercado e favorecer tamén o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva