Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.965 novas da área temática Áreas temáticas:

30/06/2024 | 09:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Gaiás estrea este mércores o seu ciclo de Verán en Familia co premiado espectáculo de circo e maxia ‘Karpaty’

Karpaty, da compañía valenciana La Troupe Malabó, foi galardoado como mellor espectáculo circense no Premio Territorio Violeta 2024, mellor Vestiario polo Instituto Valencià de Cultura e co premio do público no Festival Transfronteirizo de Guareña

29/06/2024 | 21:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González salienta no Festival Espírito Ribeiro o impulso da Xunta á divulgación da artesanía galega

A Xunta patrocina a organización da cuarta edición desta iniciativa, que arrancou na tarde de onte en Arnoia e mañá remata en Cenlle

29/06/2024 | 21:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a industria láctea como garantía de futuro para o rural

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron ao acto de presentación de novos sabores de Bico de Xeado  

29/06/2024 | 20:16 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a oportunidade que ofrece o bo momento do turismo para emprender

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración do complexo turístico Porto Cabana by Miramar Stays que vén de porse en marcha en Cabana de Bergantiños

29/06/2024 | 20:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González destaca a importancia de apoiar á mocidade e apela a unha formación para o emprego de calidade axustada á demanda das empresas

O titular da Consellería sinalou que as novas xeracións son clave para que Galicia continúe co seu crecemento no eido laboral e siga a ser unha terra próspera

29/06/2024 | 17:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste centro de acollida de oito a dez

29/06/2024 | 16:14 | C. de Política Social e Igualdade

As familias poden empregar agora a Tarxeta Benvida desde a semana 21 de embarazo

O Goberno galego incrementou esta semana o crédito da Tarxeta Benvida ata os 35,5 millóns de euros para atender a todas as familias que reúnen cos requisitos

29/06/2024 | 15:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor na X Maker Faire Galicia a súa aposta polo emprendemento innovador para xerar máis emprego de calidade

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron hoxe nesta xornada que conta co apoio da Administración autonómica

29/06/2024 | 14:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda resalta a importancia de Protección Civil para o benestar e a seguridade de todos os galegos

“Creo que temos moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil, eses milleiros de persoas que traballan como en ningunha outra comunidade autónoma”, indicou