Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

17/10/2023 | 13:09 | C. de Sanidade

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde lidera o novo programa eurorrexional para o fomento da innovación e transferencia de resultados en investigación biomédica

O proxecto ‘Transfiresaúde’ impulsará a integración do ecosistema de I+D+i en saúde transfronteiriza para abordar retos conxuntos con Portugal, como é o caso do envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada

16/10/2023 | 22:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC

Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro

16/10/2023 | 14:53 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña a necesidade de traballar na sensibilización da xuventude sobre a doazón de medula ósea

Julio Garcia Comesaña preside o acto de entrega dos premios do VIII Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea

16/10/2023 | 13:43 | C. de Sanidade
16/10/2023 | 12:40 | C. de Sanidade

Sanidade remarca a importancia dos programas de formación á poboación para axudar ás persoas que sofren unha parada cardíaca extrahospitalaria

A realización de manobras por parte de quen presenza a parada é fundamental, xa que duplica o tempo de mantemento da vítima en condicións óptimas permitindo a chegada dos equipos de emerxencias

16/10/2023 | 11:47 | C. de Sanidade

Sanidade organiza a II Xornada Galega de Saúde Pública na que se abordará a prevención das enfermidades e a promoción de estilos de vida saudables

Serán inauguradas pola directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo

14/10/2023 | 12:02 | C. de Sanidade

Comesaña destaca os avances farmacolóxicos que se están a producir no tratamento das enfermidades reumáticas

O conselleiro de Sanidade inaugurou no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a xornada de conferencias organizada pola Asociación de Enfermos de Artrite Pontevedra

14/10/2023 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

O avance nas obras do Novo Hospital Público de Pontevedra permitirán restablecer xa en novembro a circulación na avenida de Montecelo

As actuais restricións de tráfico da vía principal de acceso ao hospital rematarán no prazo récord de 6 meses, grazas á coordinación dos traballos e á alta tecnificación do proxecto

13/10/2023 | 20:43 | C. de Sanidade

O reto “Un match por unha vida” chega a Galicia para fomentar a doazón de medula ósea

Un autobús promocional estará o dia 16 de outubro, de 12.00 a 16.00 horas, no paseo central da alameda de Santiago de Compostela

13/10/2023 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca que o Plan galego de saúde mental, dotado con 80 M€, permitiu incrementar os recursos, prazas e servizos dispoñibles

Asegura que o Goberno galego xa traballa na folla de ruta a seguir neste eido a partir de 2024, cando remata a execución do actual Plan