Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

13/08/2023 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño

Tamén se reanudarán os traballos nas marxes da estrada LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros; e avanzarán as actuacións na LU-124 en Mondoñedo
 

11/08/2023 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da nova senda entre Os Remedios e Expourense, na cidade de Ourense

A previsión é iniciar esta obra no paseo do Barbaña no último trimestre deste ano, co obxectivo de rematala a finais de 2024

11/08/2023 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede 50 axudas para a mellora do servizo e da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de máis de 570.000 euros

O obxectivo é contribuír á mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas traídas de comunidades de usuarios

11/08/2023 | 10:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case 1,4 M€ a 35 concellos lucenses para mellorar instalacións deportivas e adquirir equipamento

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o campo de fútbol da Marosa, en Burela, beneficiarase destas axudas para instalar un novo peche perimetral

10/08/2023 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora das instalacións de abastecemento municipal do concello de Sober

Este contrato, adxudicado por preto de 40.000 €, ten como obxectivo intervir no sistema de abastecemento para mellorar o control e o funcionamento do servizo
 

10/08/2023 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ o desenvolvemento da actualización do censo de industrias con autorización de vertedura e a realización de auditorías nas redes de saneamento e en depuradoras

Este contrato permitirá dispoñer a Augas de Galicia de apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos

09/08/2023 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
09/08/2023 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto da VAC Tui-A Guarda, no treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350

O obxectivo é darlle continuidade ás obras en execución, actualmente no tramo de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55

09/08/2023 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do acceso desde a estrada AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro

A intervención, cun investimento de máis de 48.000€, reforza a seguridade no acceso a estes núcleos desde a marxe esquerda da vía, á altura da Maroxa, cun importante tránsito de maquinaria agrícola

08/08/2023 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-551 en Domaio, no concello de Moaña, cun investimento de máis de 877.000 €

Habilitarase un aparcadoiro de 75 prazas nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do existente na marxe dereita desta vía, no punto quilométrico 33+250