Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

17/08/2023 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A primeira edición do programa Xuventude Mentoring na empresa contará coa participación de nove entidades privadas sen ámimo de lucro e tres concellos

O obxectivo é facilitar a persoas mozas de 18 a 30 anos estadías formativas de ata tres meses en empresas que melloren a súa capacidade profesional e empregabilidade

17/08/2023 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva asesorado medio milleiro de proxectos na súa Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que acadará os 15 centros este ano

Arredor de medio millar de persoas emprendedoras -o 60% delas mulleres- teñen recibido preto de 1.500 titorías na Rede galega de polos, que conta na actualidade con oito centros activos nas catro provincias

15/08/2023 | 18:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ten aberto ata o vindeiro 29 de setembro o prazo para solicitar diversas liñas de axudas de apoio ao emprego autónomo e emprendemento por 30M€

Aínda se poden pedir, entre outros, os apoios cos que se impulsa o inicio de actividade por conta propia, a contratación de ata o terceiro traballador ou os destinados a favorecer a conciliación

15/08/2023 | 13:44 | C. do Mar

A poboación ocupada na pesca extractiva e na acuicultura galegas aumenta en 370 persoas entre 2017 e 2021

Estas cifras reflicten a capacidade de superación e adaptación de ambos sectores ante dificultades como o encarecemento dos combustibles, das materias primas ou as consecuencias da alerta sanitaria pola covid-19

14/08/2023 | 11:58 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 30 millóns de euros a 79 empresas agroalimentarias en axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, dependente da Consellería do Medio Rural

13/08/2023 | 11:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O ISSGA formou preto de 2.000 persoas nos primeiros sete meses do ano para desenvolveren un traballo máis seguro e previr riscos laborais

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (issga) celebrou 13 xornadas técnicas con preto de 900 asistentes sobre materias como o benestar psicoemocional e a innovación e boas prácticas de sensibilización fronte ao ruído

12/08/2023 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina preto de 7,7 M€ a formar unhas 16.000 persoas ocupadas en Galicia en 2023 e 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e igualdade notificou esta semana as axudas concendidas no marco deste programa de formación para o emprego

11/08/2023 | 10:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 8,5 M€ á contratación dunhas 500 persoas sen emprego en 180 entidades sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar o programa de cooperación que promove que entidades inscritas como de iniciativa social traballen cos colectivos que contan con máis dificultades para atopar un emprego
 

10/08/2023 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que se poden solicitar ata o 17 de agosto as novas axudas por 6 M€ para investimentos e contratacións no marco de iniciativas emprendedoras

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou hoxe a empresa FlowReserve Labs, cualificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) e que recibiu uns 120.000 € en apoios da Xunta

10/08/2023 | 10:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 1,1 M€ a entidades sen ánimo de lucro para promover a inserción laboral e social das vítimas de violencia de xénero, trata e explotación sexual

O DOG publica hoxe a resolución de dúas liñas de apoio diferenciadas destinadas á loita contra a violencia de xénero