Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/04/2023 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de San Amaro estudan a implantación dun polígono agroforestal de preto de 30 hectáreas

O polígono que se proxecta implementar implicaría 422 parcelas de 146 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios
 

28/04/2023 | 20:03 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola calidade, polas variedades autóctonas e pola recuperación de zonas históricas de cultivo como claves para o futuro do viño galego

José González vinculou esta aposta coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas e coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

28/04/2023 | 18:02 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor na Arbomostra 2023 o traballo dos produtores e bodegueiros da comarca da Paradanta

José Balseiros enxalzou as características diferenciadoras dos viños desta zona, así como a súa achega á denominación de orixe Rías Baixas

26/04/2023 | 14:08 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña Costeira no avance cara á dixitalización do sector vitivinícola

Hoxe informouse, na sede da bodega en Ribadavia, do proxecto Libatio para a dixitalización das fases da maduración e fermentación do viño, que participou no programa Conecta Hubs da Axencia Galega de Innovación

A dixitalización do tecido produtivo, especialmente das pemes, é un dos obxectivos prioritarios da política galega de I+D+i co obxectivo de contribuír a mellorar a súa competitividade
 

26/04/2023 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación da Xunta acolle a presentación da XXVIII mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra os días 13 e 14 de maio

Será a segunda edición coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia e contará coa participación de nove adegas, unha máis que o ano pasado

25/04/2023 | 13:05 | C. do Medio Rural

Galicia, Asturias e Cantabria únense para solicitar ao Goberno central unha maior flexibilidade nos requirimentos da nova PAC

José González asegurou que é necesaria a ampliación do prazo de presentación de solicitudes para evitar que potenciais beneficiarios se vexan afectados por unha previsible saturación das entidades colaboradoras, dadas as novidades introducidas

24/04/2023 | 14:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

Rueda resalta o labor das empresas comprometidas cun modelo de produción sostible e co respecto á contorna como motor da economía e o desenvolvemento do rural

Subliña a contribución desta industria láctea a facer “marca Galicia” e a súa aposta pola sustentabilidade nas súas instalacións