Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

22/08/2023 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas, cun investimento de máis de 575.000€

Actuouse nun treito de 1,6 quilómetros, entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, mellorando as interseccións para facilitar movementos con maior visibilidade

22/08/2023 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Fundación RIA desenvolven hoxe e mañá actos de participación cidadá sobre a estrada AC-305 ao paso por Escarabote, en Boiro, e Coroso, en Ribeira

O encontro en Escarabote celébrase hoxe, de 11 a 13:30 horas, no Centro Social; e en Coroso, terá lugar mañá, na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira, no mesmo horario
 

21/08/2023 | 16:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial visita os máis de 2.000 M2 de rúas rehabilitadas en Oia grazas ao plan de infraestruturas rurais da Xunta

Reguera destacou o extraordinario aproveitamento dos recursos e o bo resultado dos traballos realizados e prometeu seguir colaborando para a mellora das zonas rurais

21/08/2023 | 16:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora de seguridade da estrada AC-424 no Couto, en Ponteceso

O obxectivo do contrato, adxudicado por máis de 18.000 €, é reforzar a seguridade na intersección do punto quilométrico 1+310 da AC-424, que presenta problemas de visibilidade

19/08/2023 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias de Galicia

Na provincia da Coruña, avanzan as actuacións en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño

19/08/2023 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

Comezan as obras de mellora da escola infantil pública autonómica das Pontiñas

Destínanse 50.000 euros á montaxe dunha nova cuberta principal e á prolongación da cuberta do patio para que cubra a entrada principal do centro

17/08/2023 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/08/2023 | 11:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
14/08/2023 | 14:18 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o bo ritmo de avance das obras no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude dentro do futuro Espello do Rural Galego

José González salientou que os labores permitirán poñer en funcionamento no vindeiro curso escolar a parte dedicada a comedor e cociñas, así como a residencia para os estudantes

14/08/2023 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 27,2 M€ as obras do primeiro treito da prolongación da autovía AG-59 entre a Ramallosa e a estrada AC-241

O contrato prevé asinarse a mediados de setembro co fin de comezar as obras na primeira quincena de outubro