Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

09/05/2023 | 10:30 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para facilitar a actualización informática e dos medios técnicos das organizacións profesionais e asociacións agrarias

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural por segundo ano consecutivo, dotada con 130.000 euros

08/05/2023 | 10:56 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca máis de 1,3 M€ en axudas para a produción e comercialización de produtos apícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladores destas axudas xerais, enmarcadas na Intervención Sectorial Apícola do Plan Estratéxico Nacional da PAC 2023-2027
 

06/05/2023 | 11:45 | C. do Medio Rural

A Xunta anuncia a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro

Deste xeito, a Consellería do Medio Rural pon en coñecemento dos veciños benefi-ciados pola concentración que poden comezar a usar as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización da propiedade

03/05/2023 | 15:01 | C. do Medio Rural

A Xunta advirte ao Goberno central que non pode controlar a inflación a costa dos agricultores e gandeiros

José González subliñou que non se poden promover baixadas nos prezos dos alimentos sen garantir o cumprimento da prohibición da venda a perdas recollida na Lei da cadea alimentaria en beneficio dos produtores

03/05/2023 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a súa aposta polos selos de calidade e incide na importancia de abrirse a novos mercados para dar a coñecer a excelencia da nosa produción agroalimentaria

José González destacou o esforzo orzamentario no marco do Plan estratéxico da PAC para promoción, cunha partida ao efecto que pasa de 15 millóns a 20 millóns, engadindo que serán subvencionables os plans estratéxicos de promoción dos selos

03/05/2023 | 10:31 | C. do Medio Rural

O DOG publica a convocatoria de axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores

Estas axudas permiten aos consellos reguladores manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control da orixe e da calidade dos produtos que certifican

02/05/2023 | 10:15 | C. do Medio Rural

A Xunta lamenta non ter sido convidada ao acto informativo de hoxe sobre a modernización dos regadíos da Limia cando financiou o 100 % dos pozos

O conselleiro do Medio Rural remitiulle unha carta ao presidente executivo da Sociedad Mercantil Estatal de Infraestructuras Agrarias (Seiasa) amosando o seu malestar por que na súa visita á Limia non se conte co Goberno galego
 

30/04/2023 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o seu apoio ao sector vitivinícola na entrega de premios da cata popular da 60ª Edición da Feira do Viño do Ribeiro

José González resaltou iniciativas como os polígonos agroforestais no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que están servindo para darlle un pulo ao cultivo de viñedo en comarcas como a do Ribeiro
 

30/04/2023 | 13:25 | C. do Medio Rural

A Xunta participará na Feira Fenavin de Ciudad Real para promocionar os viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia

Trátase do maior evento nacional do sector do viño, que chega á súa edición número 12 e terá lugar do 9 ao 11 de maio

No espazo dispoñible da Consellería do Medio Rural, participarán 34 empresas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas e tamén haberá un túnel do viño con diferentes propostas