Actualidade
Buscador de novas
A Xunta está a ultimar o proxecto para a reconstrución da presa de Ponte Maceira, en Ames e Negreira, cun investimento de preto de 392.000 euros
Este proxecto está xa redactado e actualmente avanza a súa fase de supervisión e tramitación, dando así cumprimento ao compromiso da Xunta con estes municipios
A Xunta convoca en setembro e novembro os titulares dos terreos necesarios para executar as obras de mellora dos accesos do Novo Hospital Público da Coruña
O levantamento de actas previas á ocupación terá lugar o 12 de setembro, de 10:30 a 11:30 horas, na sala reunións do edificio administrativo da Xunta na Coruña; e a formalización será o 15 de novembro no mesmo horario e lugar
A Xunta convoca en setembro e decembro os titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre a estación intermodal de Santiago e San Caetano, cun investimento de preto de 2,4 M€
O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 21 e 22 de setembro, das 10 ás 12 horas, nas salas de xuntas D e E do edificio administrativo da Xunta e a formalización das mesmas celebrarase o 18 e 19 de decembro
Sanidade aborda cos profesionais a ampliación do centro de saúde de Baltar para licitar o proxecto
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse en Sanxenxo cos profesionais do centro de saúde, o xerente da área sanitaria, técnicos municipais e da Axencia Galega de Infraestruturas
A Xunta adxudica por máis de 1 millón de euros a execución das obras do aparcadoiro disuasorio na avenida de Breogán de Lugo
A actuación, cun prazo de 10 meses, centrarase na dotación dun aparcadoiro nunha zona estratéxica entre as estradas nacionais N-VI e N-540, próxima ao Barrio da Residencia
A Xunta adxudica por máis de 570.000 € a execución das obras do aparcadoiro disuasorio na zona de Ameal, en Marín
A intervención, cun prazo de 5 meses, consiste na construcción dun aparcadoiro nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202
A Xunta comeza as obras da nova rotonda na intersección da estrada OU-540 coa autovía A-52, no concello de Barbadás, cun investimento de 485.000 €
As actuacións, cun prazo de 4 meses, teñen como obxectivo a transformación da actual intersección no quilómetro 4+200 da OU-540, nunha glorieta
A Xunta finalizará a mediados de setembro as obras de execución da nova senda entre Peteiro e O Baño, no concello de Mugardos
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que permitirán habilitar un itinerario de case 600 metros pola marxe dereita da AC-131, desde o final das beirarrúas actuais ata a vía urbana de acceso ao Baño
A Xunta e o Concello de Boborás colaboran para dotar o municipio dunha nova piscina pública
Ángeles Vázquez explica que a semana pasada se deron por rematados os traballos e lembra que a súa execución foi posible grazas a un investimento de máis de 650.000 euros comprometido entre ambas administracións a través do Plan hurbe
A Xunta licita as obras da senda cara ao Hospital Clínico Universitario de Santiago desde o novo itinerario o Milladoiro-Intermodal, cun investimento de preto de 1 millón de euros
Executarase un itinerario de 1.130 metros no eixe Conxo-Hospital Clínico, entre o antigo túnel de Adif e o barrio de Santa Marta, unindo numerosos puntos de interese