Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.077 novas:

02/07/2024 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable

02/07/2024 | 11:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos a veciños e turistas

 Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”

02/07/2024 | 11:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha o novo polo de Sarria co que se amplía a Rede de emprendemento ata as 14 oficinas activas en dous anos para ofrecer asesoramento

José González sinalou que a apertura deste polo é un dos compromisos do Goberno galego adquiridos para os 100 primeiros días desta Lexislatura

02/07/2024 | 11:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de desemprego inferior ás 118.000 persoas por primeira vez desde que hai rexistros

A baixada do paro nun -8,59% no último ano sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma na que más descende o desemprego en termos relativos

02/07/2024 | 11:07 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e o Centro Comercial As Cancelas promoven unha campaña especial de doazón de sangue

A superficie comercial recibe por sétima ocasión a visita das unidades móbiles de ADOS e agasallará cun refrixerio ás persoas que acudan a doar

02/07/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta o “enriquecemento cultural” que supón o programa de intercambio con outras comunidades para a mocidade galega

O conselleiro destaca o “valor diferencial e engadido” destas actividades, que gozarán este verán máis de 300 rapaces e rapazas no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela-A Mancha

01/07/2024 | 20:13 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que os borradores dos futuros plans directores da automoción e do sector naval estarán listos a comezos da segunda quincena de xullo

A conselleira de Economía e Industria asegurou que o documento final se presentará no ultimo trimestre do ano para a súa aprobación definitiva

01/07/2024 | 18:40 | C. de Sanidade

O director xeral de Asistencia Sanitaria remarca o labor esencial do persoal de enfermería no Servizo Galego de Saúde

Silva Tojo salienta o compromiso da Xunta con esta categoría sanitaria, ao reforzar a estrutura do Servizo Galego de Saúde coa creación da Unidade de Procesos de Enfermería