Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

30/08/2023 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de acceso ao parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, nas que o goberno galego inviste máis de 394.000 euros

Gabriel Alén salientou que esta actuación ten como obxectivo que o parque empresarial dispoña dun acceso cómodo e seguro desde esta vía autonómica, para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

30/08/2023 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta rematará a finais deste ano a humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño, logo dun investimento de case 1 M€

Trátase dunha reforma integral na PO-329, no centro urbano do Porriño, destinada a transformar unha estrada en rúa na que os coches ceden protagonismo aos peóns
 

30/08/2023 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora de locais, equipamento e traídas de auga de máis de 300 entidades a través do Plan específico de acción comunitaria

O vicepresidente primeiro da Xunta visitou na Estrada as asociacións veciñais Amigos do Castro de Barbude e San Lois de Orazo, beneficiarias da convocatoria de 2022

29/08/2023 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na 1ª fase da mellora integral da travesía de Teixeiro, que estará á disposición dos veciños de Curtis o vindeiro verán cun investimento de 1,3 millóns de euros

Vázquez Mourelle explica que as obras, que comezaron en xullo, están a levarse a cabo ao longo de 1 km en dúas zonas: na propia estrada AC-231 e no camiño do Centro Etnográfico

29/08/2023 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/08/2023 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras no CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, nas que o goberno galego investiu máis de 101.000 euros

As obras consistiron na substitución da anterior cuberta de fibrocemento por unha nova de paneis de metálicos

28/08/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras de mellora da potabilizadora de Noia, cun investimento de 1,3 M€ e o obxectivo de servir ata 24.000 habitantes

Vázquez Mourelle indica que se prevé adxudicar o contrato nos primeiros meses de 2024 e empezar a continuación as obras, cun prazo de 6 meses
 

26/08/2023 | 10:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana traballos de limpeza na estrada PO-549 en Vilanova de Arousa

Na provincia da Coruña, avanzan as actuacións en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño
 

25/08/2023 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aconsella aos concellos do sistema de abastecemento do río Lérez axilizar o ente supramunicipal para a xestión da subministración de auga e elaborar un Plan de seca conxunto

A prealerta por escaseza de auga supón intensificar a vixilancia da auga dispoñible en relación ás necesidades existentes, anticipándose para poder adoptar as medidas necesarias para garantir o abastecemento

25/08/2023 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete melloras en varios centros escolares do Salnés para o curso 2023/2024 cun investimento de preto de 1 millón de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP As Covas, no Concello de Meaño