Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

02/09/2023 | 10:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a nova parada de autobús intermodal do Carballiño logo dun investimento de preto de 170.000 €

Trátase dunha parada para as liñas de autobús interurbano de uso regular situada na explanada da estación de ferrocarril, na avenida O Vinte e Cinco de Xullo

01/09/2023 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A avenida Rodríguez de Viguri de Santiago abrirase ao tráfico este luns, continuando os traballos de reurbanización

Restituirase a circulación desde primeira hora da mañá e continuarase cos traballos co obxectivo de rematalos no outono, grazas ao peche da circulación efectuado en agosto que permitiu un despregue maior de medios e axilizar as obras

01/09/2023 | 16:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/09/2023 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no impulso da mobilidade sostible en Ourense co remate de dúas sendas en Montealegre e Valdorregueiro nas que investiu 1,6 M€

A senda de Montelaegre discorre pola marxe dereita da OU-101 ao longo de 1,2 km, dando continuidade á beirarrúa que xa había, e rematando na marquesiña de autobús
 

01/09/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de 51 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade de Lugo, que suporán un investimento de 2,2 M€

As paradas de autobús que se comezan a acondicionar están situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia

01/09/2023 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 560.000 euros a obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Antela, en Ourense

As actuacións permitirán renovar a cuberta do centro e crear unha envolvente térmica na fachada para mellorar o benestar de nenos e educadores
 

31/08/2023 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o investimento de máis de 1,1 M€ para mellorar as redes de saneamento do concello de Coirós

Gonzalo Trenor e Francisco Quintela supervisaron as obras que a Xunta de Galicia está realizando neste municipio para dotar do servizo de saneamento municipal ao núcleo da Anta

31/08/2023 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 1,6 millóns de euros na melloras de varios centros escolares na comarca de Deza-Tabeirós para o curso 2023/2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP Ramón Valenzuela e ao CEIP Plurinlingüe de Silleda

31/08/2023 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa este verán 28 actuacións en centros educativos da comarca do Barbanza cun investimento de máis de 2,6 M€

Trenor supervisou as obras de mellora que se están a executar IES Virxe do Mar que contan cun orzamento de máis de 339.000 euros

30/08/2023 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recorda que o criterio para a cesión de locais no edificio de Benito Corbal é exclusivamente técnico

A Xunta destaca que unha comisión avaliou as distintas solicitudes con base á documentación enviada polas asociacións e non tivo en conta criterios subxectivos