Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

08/09/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/09/2023 | 16:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licitará este ano as obras de rehabilitación de 5 inmobles en Ferrol Vello para destinalos a alugueiro social

Heriberto García avanza que estes edificios se sumarán ao xa rehabilitado en Argüelles 1 e aos traballos iniciados en agosto noutros 3 da rúa Carme Curuxeiras

05/09/2023 | 17:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/2023 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na renovación do firme da estrada autonómica LU-111 entre Rábade e O Santo, en Vilalba

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou a execución das obras, incluídas nun contrato de máis de 3 M€ para mellorar catro estradas que vertebran as comunicacións en concellos da Terra Chá e da comarca de Lugo

05/09/2023 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/09/2023 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria en setembro e decembro dos titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre a estación intermodal de Santiago e San Caetano

O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 21 e 22 de setembro, e a formalización o 18 e 19 de decembro

04/09/2023 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o obxectivo da Xunta de acadar en 2023 os 6 millóns de viaxes gratis en transporte público por parte dos menores de 21 anos, 1 millón máis que en 2022

Case 150.000 mozos teñen a tarxeta Xente Nova e viaxan xa gratis en transporte público por Galicia, aforrando en total case medio millón de euros ao mes

04/09/2023 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras de humanización no núcleo rural de Moreiras, en Toén

Esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o concello, que supuxo un investimento total de máis de 327.400 euros, dos que o 70% foi unha achega Goberno galego

04/09/2023 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo exhibirase en Madrid con motivo do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés

As pezas, elaboradas polo alumnado do Instituto IES Politécnico e expostas de forma permanente desde maio de 2022 na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, foron cedidas pola Xunta en préstamo temporal

02/09/2023 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 6,8 M€ a execución da nova senda entre O Milladoiro e a estación intermodal de Santiago

Correspóndese co tramo de 3,5 km de lonxitude que comezará no núcleo do Milladoiro ata enlazar co actual itinerario de Clara Campoamor