Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

13/09/2023 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta coa mellora educativa no rural cun investimento de arredor de 430.000 euros no colexio Ortigueira de Vedra

Na visita ao centro, o conselleiro de Educación explicou que a intervención abranguerá unha nova cuberta exterior, un aseo, un almacén e unha gradaría

13/09/2023 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora de seguridade viaria na vía de alta capacidade Ares-Mugardos coa substitución das gabias

As actuacións realizáronse tamén na autovía Ferrol-Vilalba e nas estradas AC-563 e AC-564, en Cabanas e na Capela, cun investimento conxunto de máis de 1,1 M€

12/09/2023 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta pide ao Concello de Redondela que desbloquee a humanización da Avenida de Vigo

Ana Ortiz mantivo este martes unha xuntanza coa alcaldesa de Redondela dentro da rolda de reunións con todos os rexedores da área territorial

12/09/2023 | 15:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta volve poñer en marcha a orde de axudas para a construción e ampliación de escolas infantís municipais

A nova convocatoria, que se publica mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), está dotada con 34 millóns de euros

11/09/2023 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o esforzo inversor da Xunta na mellora das infraestruturas educativas da provincia de Ourense

Na provincia de Ourense executáronse 248 obras nos centros escolares no que vai de lexislatura ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia

10/09/2023 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-58 do acceso a Cacheiras, no concello de Teo

Continuaranse as tarefas en marcha na AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño; e na vía de altas prestacións CG-1.5 en Brión e Noia
 

10/09/2023 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará este vindeiro mércores novos traballos da campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo

Trátase de acometer obras de rehabilitación estrutural do firme enmarcadas na campaña de mellora que se leva a cabo de forma periódica nesta vía autonómica e na autoestrada do Val Miñor (AG-57) Vigo-Baiona, incluíndo o ramal a Nigrán (AG-57N)

09/09/2023 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a desmontaxe do taboleiro da ponte de Ponte Arnelas, avanzando nos traballos de retirada da actual estrutura metálica

A reconstrución da ponte entra nunha nova fase co corte das capas de formigón e de aglomerado para a retirada do taboleiro por “tabletas”, tarefas que se prevé terán unha duración de entre 3 e 4 semanas

08/09/2023 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case 300.000 euros a 17 restaurantes e aloxamentos da cidade e comarca de Santiago para mellorar as súas instalacións

O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos e restaurantes poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes