Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

21/05/2023 | 11:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberta a convocatoria para acceder ás axudas de planificación de comunidades enerxéticas

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse con representantes da comunidade enerxética local Moaña Solar para coñecer os avances no seu proxecto

20/05/2023 | 11:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece o traballo dos promotores da planta de hidróxeno verde das Pontes para que o proxecto estea máis preto de ser unha realidade para Ferrolterra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión en Ferrol con representantes do proxecto para avaliar o seu avance

19/05/2023 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A terceira edición do bono enerxía peme da Xunta rexistrou máis de 600 solicitudes para a mellora enerxética das instalacións de autónomos e pemes

O presidente galego lembra que o prazo de solicitude desta convocatoria -que conta cun orzamento de 4,2 M€- manterase aberto ata o 29 de xuño

18/05/2023 | 14:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda traslada ao sector que a Xunta poñerá en marcha axudas para impulsar a fabricación de compoñentes para enerxías renovables

Salienta o potencial inmenso de Galicia na eólica mariña, enxalza o papel de Ferrol para liderala e garante ao sector que terá un “apoio decidido, absoluto e claro” do Goberno galego

15/05/2023 | 19:35 | C. do Medio Rural

A Xunta acada o apoio da Asociación Gandeiros Galegos da Suprema á fronte común co sector para esixir ao Goberno central que apoie as demandas de Galicia en relación coa carne

Deste xeito, o colectivo súmase ao acordo acadado esta mañá polo Goberno galego e as asociacións, sindicatos e organizacións agrarias da nosa comunidade para demandar ao Ministerio de Agricultura unha reunión urxente

15/05/2023 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de financiamento comunitario ‘TecEuropa’ abre a inscrición para a súa nova edición

O curso, en formato virtual, contará con contidos teóricos e prácticos sobre as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas

15/05/2023 | 15:37 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta aos grupos de desenvolvemento rural as posibilidades do Bono Activa Rural para o período 2023-2027

Os 24 grupos de desenvolvemento rural que xa foron preseleccionados continúan coa preparación das súas estratexias e para iso contan con 35.000 euros cada un, o triplo que no ano 2016

15/05/2023 | 12:16 | C. de Economía e Industria

Empresas e centros tecnolóxicos do sector aeronáutico e aeroespacial galego reforzan a súa presenza en Estados Unidos

Galicia compartiu en Xponential 2023, evento de referencia celebrado en Denver, os avances en I+D aplicada aos vehículos non tripulados desenvolvidos na comunidade

13/05/2023 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co concello do Pereiro de Aguiar na mellora dos viais de acceso ao polígono empresarial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co alcalde, Luis Menor