Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

22/03/2023 | 14:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel das entidades sociais e das empresas na integración da poboación inmigrante

O Goberno galego concede axudas por valor de 3,5 millóns de euros a entidades locais e do terceiro sector para o desenvolvemento de programas específicos dirixidos a aumentar a participación social e laboral destas persoas

21/03/2023 | 20:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a vocación dos traballadores sociais por axudar as persoas que peor o están a pasar

Durante o evento, con motivo do Día Mundial do Traballo Social, agradeceu a súa labor pedagóxica, administrativa e a súa procura dun mundo máis xusto

21/03/2023 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade

O novo centro de día para persoas maiores de Marín formará parte da rede pública autonómica da Xunta

Entrará en funcionamento despois do verán con 20 prazas dispoñibles, que se poderán ir incrementando ata as 40 no caso de ser necesario

21/03/2023 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega desfribriladores a máis dun cento de concellos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira, participaron no acto de cesión das dotacións

20/03/2023 | 15:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a creación de máis servizos no rural para a atención ás persoas con discapacidade

O Goberno galego financia as 114 prazas coas que conta este centro na actualidade cunha inversión de máis de 3 millóns de euros ao ano

19/03/2023 | 11:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante que continuará a dar o seu apoio ás familias monoparentais de Galicia

Lamenta o retroceso que supón para moitas delas a nova lei que está a tramitar o Executivo central

18/03/2023 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 7 millóns de euros á adaptación da residencia pública autonómica das Gándaras ao novo modelo de coidados

Crearanse unidades de convivencia para os usuarios, impulsaranse novos espazos de atención sanitaria e renovarase a fachada e as carpinterías exteriores

18/03/2023 | 11:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta grante apoio integral ás persoas vulnerables e con escasos recurso que sofren en Galicia o impacto da crise e a suba de prezos de produtos básicos

Rueda destaca que a Administración autonómica traballa para modificar a Lei de inclusión social de Galicia co obxectivo de evitar que a burocracia derivada da adaptación da Risga ao Ingreso Mínimo Vital prexudique as familias que precisan de axudas