Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

15/09/2023 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de mellora de infraestruturas do polígono industrial do Barco de Valdeorras, que conta cunha axuda de 120.000 €

Gabriel Alén destacou que 8 parques empresariais de 7 concellos da provincia de Ourense (A Gudiña, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Vilamarín e O Barco de Valdeorras), foron beneficiarios das axudas da Xunta para impulsar a súa competitividade cun total de preto de 612.000 euros

14/09/2023 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/09/2023 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 300.000 euros a reforzar o firme da vía LU-115, que conecta os concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

 O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a mellora abrangue toda a lonxitude da estrada, de 11,1 quilómetros, con especial incidencia nos polígonos industriais de ambos municipios e na travesía de Castro de Ribeiras de Lea

13/09/2023 | 15:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que 5 novos concellos solicitaron que a Xunta asuma a xestión das súas depuradoras

 Vázquez Mourelle precisa que en breve haberá que renovar os convenios polos que Augas de Galicia vén xestionando 27 depuradoras municipais, como en Cambados, onde o Concello xa se amosou partidario de manter a colaboración

13/09/2023 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza hoxe os novos traballos da campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo

Cumprindo co programa inicial, as intervencións na AG-55 iniciáronse polo treito comprendido entre os quilómetros 3+752 e 27+950, na calzada dereita, no carril dereito

13/09/2023 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reclama un Plan Director do Corredor Atlántico con prazos, investimentos e as infraestruturas prioritarias para o noroeste

Vázquez Mourelle fai fincapé na falta de implicación e compromiso do Goberno de España cun proxecto estratéxico para incrementar as capacidades loxísticas e a competitividade económica e empresarial de Galicia

13/09/2023 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta supervisa as obras de humanización e seguridade da estrada PO-330 entre Pereiró e Valadares

Ana Ortiz fixo unha visita aos traballos xa finalizados da nova rotonda de acceso ao Centro Cultural e Veciñal de Valadares e ao novo vial á escola infantil Monte Alba

13/09/2023 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 12.000 euros na mellora da eficiencia e accesibilidade do local da Asociación Veciñal Quince de Agosto de Reza, no concello de Ourense

O delegado territorial detallou que na convocatoria de 2023 foron beneficiarias desta orde de axudas 58 entidades da provincia de Ourense cun importe de 599.397,54 euros